El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Os eurodeputados do PPdeG defenderán os intereses de Galicia nas comisións de Pesca e de Asuntos Constitucionais do Parlamento Europeo

27-07-2024 10:54:13
Adrián Vázquez (1d).

REDACCIÓN | Os eurodeputados galegos do Partido Popular, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, comprométense a defender os intereses de Galicia nas comisións parlamentarias europeas de Pesca e de Asuntos Constitucionais nas que esta semana foron elixidos, respectivamente, como integrantes. 

Millán Mon seguirá deste xeito como membro titular da Comisión de Pesca e continuará reivindicando que, dado que Galicia é a primeira rexión pesqueira de Europa e a cadea mar-industria ocupa un lugar moi destacado na economía dos concellos costeiros, a nosa Comunidade terá moito que dicir neste eido na UE. 

“É necesaria unha visión equilibrada da actividade pesqueira. Non pode seguir imperando a dimensión medioambientalista sobre as dimensións económica e social”, asegura poñendo en valor a creación dun novo comisario de Pesca e Océanos a proposta do Partido Popular, e logo do compromiso adquirido pola presidenta Ursula von der Leyen na súa visita a Galicia. 

O eurodeputado pontevedrés, diplomático de carreira, seguirá así mesmo formando parte da Comisión de Asuntos Exteriores nun momento no que “a situación xeopolítica actual representa un desafío significativo”. Nesta liña avoga por “continuar fortalecendo os lazos con América Latina – onde a presenza de España e de Galicia é tan relevante – e priorizar as relacións co veciño continente africano, particularmente o Mediterráneo Sur e tamén o Sahel”. 


Adrián Vázquez  

Pola súa banda, Adrián Vázquez asumirá a vicepresidencia primeira da Comisión de Asuntos Constitucionais e seguirá co seu labor na Comisión de Asuntos Xurídicos. “É un orgullo ter a oportunidade de defender aquilo no que máis creo: que sen regras claras e xustas non hai democracia, como por desgraza estamos empezando a sufrir en España”, declarou ao tomar posesión dos seus postos. 

Entre as súas liñas de traballo estarán a defensa do Estado de Dereito, a loita pola independencia xudicial, o desenvolvemento de regulamentos vinculados aos procedementos de levantamento da inmunidade dos parlamentarios perseguidos pola Xustiza ou a previsible reforma dos Tratados da Unión Europea. 

A súa actividade parlamentaria estenderase tamén á Comisión de Control Orzamentario, na que defenderá os intereses de Galicia fiscalizando a execución do Goberno de Sánchez no referente aos fondos europeos vitais para o futuro de España e para todas as súas comunidades autónomas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias