El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación ofrece ao Goberno a residencia do IES Rosalía Mera para acoller a persoas refuxiadas da guerra de Mali

29-07-2024 12:45:39
Valentín González Formoso (e).

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña pon ao dispor do Goberno de España as instalación da residencia do IES Rosalía Mera, na cidade herculina, para a acollida de persoas refuxiadas da guerra de Mali. 

Así llo trasladou esta mañá o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, durante a reunión de traballo que ambos mantiveron na sede da Delegación. 

Formoso lembrou que a Deputación xa acolleu a refuxiados da guerra de Yugoslavia a principios dos anos 90 e até hai pouco da guerra de Ucraína e “agora tócanos estar á altura das circunstancias e seguir exercendo ese espítito solidario que caracteriza a provincia ofrecendo a Estado e Xunta un tota de 44 prazas no IES Rosalía Mera para a acollida de persoas refuxiadas da guerra de Mali ante a grave crise humanitaria que están padecendo”. 

“Desde o Estado, coa colaboración das comunidades autónomas, hai en marcha un plan de acollida no que se disporán distintos recursos para a atención e integración das persoas refuxiadas e ahí é onde a Deputación da Coruña ofrece de novo a súa colaboración”, afirmou  o presidente provincial. 

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, agredeceu á Deputación a oferta de colaboración “nun momento en que é preciso que todos sumemos”.  Blanco anunciou que “nos próximos días chegarán de xeito escalonado” as persoas refuxiadas que serán acollidas en Galicia. “No día de mañá martes chegarán os 104 primeiros, que irán ao Monte do Gozo en Santiago e nas próximas semanas irán chegando máis”. 

“Ter oportunidade de contar con esas prazas adicionais supón contribuír solidariamente non só con todas esas persoas que chegan ao noso país fuxindo da guerra, senón coas comunidades autónomas que están sufrindo unha presión inaudita. Deputación, Xunta e Estado imos a traballar xuntos para ser solidiarios con Canarias e co resto de comunidades”, afirmou Blanco. 

A residencia do IES Rosalía Mera da Deputación da Coruña dispón de 22 habitacións dobres (44 prazas en total) que foron renovadas hai pouco para acoller a persoas refuxiadas da guerra de Ucraína. O centro conta ademáis con espazos comúns como sala de estar e de televisión, sala de xogos, biblioteca, sala de ordenadores con acceso a internet e zona de cociña. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias