El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

Sogama licita, por 58 millóns, a xestión integral do vertedoiro de Areosa e as súas instalacións

Desde o ano 2008, o vertido directo en Sogama reduciuse en case un 100%.

06-08-2024 15:12:21

REDACCIÓN | Sogama licitou hoxe, por un importe base de 39.619.807,14€ e un valor total estimado de 58.057.253,15 euros, a xestión integral do seu vertedoiro controlado de Areosa (Cerceda) e as instalacións que o conforman. 

O contrato, que inclúe obras e servizos, e cunha duración inicial de 3 anos (prorrogable por 2 máis), inclúe a xestión dos residuos que entran no vertedoiro, as depuradoras de osmose inversa, planta de biogás, planta de compostaxe (xunto coa comercialización do compost obtido na mesma) e mantemento postclausura das fases xa seladas e clausuradas. 

Máis aló dos labores de xestión, a licitación contempla distintas obras tales como, entre outras, a selaxe da subfase 1.2 da ampliación sur do vertedoiro e a de construción do Vaso 6, a posta en marcha de diversas instalacións eléctricas e de iluminación que dan servizo ás instalacións do vertedoiro, a construción dun novo centro de transformación e a adaptación da planta de compostaxe aos requisitos SANDACH categoría 3. 

En todo caso, o obxectivo da licitación é integrar o conxunto dos elementos que conforman o vertedoiro nun único contrato co fin de lograr unha xestión máis áxil e eficiente do mesmo na que se prime a seguridade e o rigoroso cumprimento dos requisitos ambientais en todas as tarefas a levar a cabo: desde a disposición de residuos ata a depuración de lixiviados, o aproveitamento de biogás, a correcta selaxe de fases colmatadas e a óptima operación da planta de compostaxe.


Redución do vertido directo en case un 100%

Como calquera outra infraestrutura das súas características, Sogama precisa dun vertedoiro de apoio ao que levar os rexeitamentos (é dicir, aqueles refugallos que recibiron tratamento previo no Complexo Medioambiental e que, dadas as súas características, non poden ser reciclados nin valorizados enerxeticamente) e os propios residuos municipais no caso das paradas técnicas programadas ou de posibles imprevistos. 

Con todo, as cantidades de residuos enviadas ao vertedoiro de Areosa diminuíron de forma exponencial desde 2008. Mentres que ese ano Sogama recibiu nas súas instalacións un total de 888.581,54 toneladas, tratando no seu Complexo 478.176 toneladas e desviando a vertedoiro 410.405,49 toneladas (preto do 54%), en 2022 recibiu 783.725 toneladas, conseguindo tratar no seu Complexo 781.710 e vertendo de forma directa tan só 2.016 toneladas, é dicir, un 0,25%, o que supuxo unha redución do vertido directo de case o 100%. 

Pola súa banda, o vertido de rexeitamentos ascendeu a 187.921 toneladas, isto é, un 24%, porcentaxe moi inferior á media de uso do vertedoiro en España, que se sitúa en máis do 50%. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias