El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación impulsa a transformación dixital das pequenas empresas ourensás co proxecto "AcelerOU"

30-08-2024 17:53:20
Presentación do proxecto AcelerOU.

REDACCIÓN | A Deputación de Ourense impulsa a transformación dixital das pequenas empresas ourensás a través do proxecto “AcelerOU” que presentou hoxe no Pazo Provincial, o presidente da Deputación, Luis Menor, acompañado polo director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Marcos Valiño.  

Trátase dun proxecto que se pon en marcha no marco do programa “Acelera Pyme”, unha iniciativa do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e desenrolado por Red.es, que forma parte do Plan de Dixitalización de pemes 2021-2025, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.  

A Deputación de Ourense presentou a este programa o proxecto “AcelerOU” co obxectivo de “apoiar ás nosas pemes, autónomos e emprendedores no seu proceso de dixitalización contribuíndo a mellorar a súa competitividade”, explicou Luis Menor.  

Un proxecto que, como explicou o presidente provincial, será “fundamental para Ourense xa que, o tecido empresarial no noso territorio está formado principalmente por pemes e autónomos, nun entorno eminentemente rural e cun nivel de dixitalización baixo”. 

Para prestar este servizo de sensibilización, asesoría personalizada e apoio en materia de dixitalización aos futuros usuarios, a Deputación disporá de catro oficinas: dúas oficinas físicas permanentes que estarán ubicadas no Pazo Provincial e no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo; unha oficina física itinerante con estancias semanais nos municipios da provincia, e unha oficina virtual que ofrecerá a todos os usuarios a posibilidade de beneficiarse de todos os servizos da Oficina Acelera Pyme de forma online.  

Este servizo inclúe, ademais da propia axuda e asesoramento, a “tramitación de axudas para captar financiamento para poder desenvolver os seus proxectos a través de programas estatais, como “Kit Consulting” e “Kit Digital”, polos que as empresas de ata 250 empregados poderán dispoñer de axudas que van desde os 3.000 ata os 29.000 euros”, explicou Marcos Valiño.  

O proceso sería o seguinte: o usuario contacta coa Deputación a través das diferentes oficinas dispoñibles, analízase o seu caso para realizar unha análise e diagnóstico do mesmo en canto a dixitalización e en base a este, elabórase un plan de acción que guíe ao usuario nese proceso de dixitalización.  


Actividades complementarias  

A maiores, como complemento a estas oficinas, organizaranse 42 xornadas, obradoiros e seminarios de sensibilización e apoio sobre tecnoloxías dixitais; 7 talleres teórico-prácticos sobre as axudas de financiamento á dixitalización existentes; sesións de networking para formalizar acordos de colaboración; incluirase na web perfís de demanda tecnolóxica e outros de oferta tecnolóxica para facilitar o encontro entre eles, entre outras actividades que se irán anunciando en cada momento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias