El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón exixe a Rueda que retire o taxazo de Sogama

12-09-2024 16:29:58
Ana Pontón (c).

REDACCIÓN | A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se deixe de “parches” e “anuncios tramposos” e dea marcha atrás respecto ao “taxazo” de Sogama, que fará que os galegos e as galegas teñan que pagar máis polo recibo do lixo. 

“Rueda fixo un anuncio tramposo porque en realidade non vai retirar a suba do canon de Sogama. O que vai facer é que os concellos e a cidadanía, que xa está a sufrir o incremento no custo da vida, teñan que pagar máis”, denunciou durante unha visita á comarca de Valdeorras, que aproveitou para emprazar a Rueda a rectificar sobre o canon de Sogama e, ao mesmo tempo, poñer en marcha un novo modelo para o tratamento dos residuos que “supere e deixe atrás” o actual, “absolutamente fracasado”. 

“O modelo de Sogama non serve, porque é un modelo antiecolóxico, que queima e, por riba, é moi caro”, precisou a portavoz nacional, advertindo ademais que co actual sistema “os únicos que están gañando son o Goberno da Xunta e as empresas amigas que neste momento xestionan Sogama”, mentres aos concellos e aos veciños e as veciñas se lles vai subir o recibo do lixo. Fronte ao modelo de Sogama, defendeu un novo sistema de tratamento dos residuos “respetuoso co medio ambiente, que cumpra coa normativa e que aposte pola reciclaxe”. 

O BNG xa anunciou a posta en marcha una intensa campaña contra o “taxazo” de Sogama con iniciativas no Parlamento e nos concellos para que tanto a Cámara galega como as corporacións municipais se posicionen en contra do novo “sablazo” do Goberno do PP, que propón para 2025 unha suba do 30% na factura da xestión de residuos que se suma ao 30% de incremento deste ano.  

A suba do 60% no canon colocará en 108 euros o prezo a pagar por cada tonelada de residuos que os concellos entreguen a Sogama, unha suba unilateral, inxustificada e abusiva que supón, tal e como ten denunciado o Bloque, un negocio redondo para Gas Natural -que ten o 49% da compañía- e para as empresa amigas do PP, como o Grupo Valtalia-Copasa, que nos últimos anos ten recibido máis de 700 millóns de euros en sucesivos contratos con Sogama. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias