El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación reúne aos axentes do Proxecto Acelerou

13-09-2024 16:33:12
Xornada Acelera Pyme.

REDACCIÓN | Dar a coñecer o Proxecto AcelerOU e todas as accións que se porán en marcha no marco desta iniciativa foi o obxecto da reunión que mantiveron o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación, Marcos Valiño, xunto ao equipo AceleraPyme, con preto dunha quincena de axentes dixitalizadores, que serán os encargados de dar apoio tecnolóxico ás empresas.  

AcelerOU nace no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dentro do programa AceleraPyme e que forma parte do Plan de Dixitalización de pemes 2021-2025 financiado pola Unión Europea- Next Generation EU. Así, esta iniciativa convértese nun paso máis no obxectivo da Deputación de Ourense de apoiar ás pemes, autónomos e emprendedores ourensáns na súa transformación dixital e modernización.  

Cando un usuario contacte coa Deputación a través das diferentes oficinas dispoñibles, tanto físicas como itinerante ou virtual, o seu caso será analizado polo equipo AceleraPYME e serán tramitadas as axudas dispoñibles, como é o caso dos programas estatais "Kit Consulting" e "Kit Dixital”. 

A partir deste trámite, os axentes dixitalizadores axudarán ao interesado no seguinte paso, que é fundamental: materializar o proceso de dixitalización.Asesoría personalizada, desenvolvemento web e de aplicacións, marketing dixital, xestión de clientes ou redes sociais son algúns dos ámbitos nos que os axentes mostraron o seu interese para apoiar aos usuarios. 

Tamén se invitou aos axentes dixitalizadores a formar parte dun plan complementario que inclúe xornadas, obradoiros e seminarios de sensibilización, ademais de apoio sobre tecnoloxías dixitais ou talleres teórico-prácticos sobre axudas de financiamento á dixitalización xa existente. 

Ao mesmo tempo, relatorios dos axentes, formación específica ou a presenza nos expositores de Acelerou en diferentes eventos constitúen un amplo abano de posibilidades de colaboración dentro do proxecto.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias