El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

Ana Miranda: "É lamentable a actitude do PP na cancelación da comparecencia dos colectivos contrarios a Altri no Parlamento Europeo"

03-10-2024 18:22:38
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | No inicio da Comisión de Peticións da Eurocámara, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denunciou a cancelación impulsada polo PP “da voz de moita cidadanía galega” ao eliminar da orde do día a comparecencia dos colectivos contrarios a instalación da macrocelulosa Altri en Palas do Rei, prevista para hoxe. Por outro lado anunciou que a petición correspondente a Altri tratarase na Comisión de Peticións correspondente ao mes de novembro. 

A eurodeputada galega cualificou moi preocupante a actitude dos populares, que se uniron á extrema dereita para romper o acordo acadado o pasado 4 de setembro por 4 grupos parlamentares para que a plataforma Ulloa Viva comparecera hoxe na Comisión de Peticións pola vía de urxencia, polo carácter excepcional desta petición. “Por iso quero expresar de parte do noso grupo o noso fondo malestar pola impugnación do Partido Popular europeo da decisión de coordinadores de aplicar o procedemento de urxencia a esta peticións”, salientou.  

Ana Miranda cualificou de lamentable a actitude do PP xa que as súas argucias “levan a silenciar a voz dun gran número de asociacións galegas da sociedade civil que enviaron esta petición para protexer áreas de gran valor ecolóxico e social”. Así mesmo considerou lamentable “o espectáculo” ofrecido polos deputados populares na sesión da Comisión de Peticións do pasado 30 de setembro, “vindo a votar como robots” para impedir que hoxe puideran comparecer. “Pedimos respecto para a sociedade civil galega”, subliñou.


“Non nos imos render” 

“Tanto desde o BNG como desde o noso grupo Verdes - Alianza Libre Europea non nos imos render en algo que é un clamor da cidadanía galega”, asegurou a eurodeputada do BNG na súa intervención. Precisamente o pasado mes de abril MIranda convidou a Bruxelas unha delegación de colectivos opositores á instalación de Altri, que se reuniron coa Directora do Grupo Operativo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, María Teresa Fábregas, e o Xefe da Unidade de Cumprimento da Normativa Medioambiental, Paul Speight, encontro no que confirmaron que non hai ningunha solicitude oficial por parte do Estado para este proxecto.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias