El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación implantará un novo modelo de residencias públicas para maiores

Menos prazas por centro, atención persoalizada, innovación e convivencia interxeneracional.

14-10-2024 11:30:02
Comisión político-técnica.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniu á comisión político-técnica que se encargará da coordinación e seguemento do plan do para a construción e posta en funcionamento de tres novas residencias públicas para maiores de ámbito comarcal nos concellos de As Pontes, Rianxo e Ordes, que se desenvolverán en base a un novo modelo “innovador e pioneiro en Galicia”, radicalmente diferente ao que está establecido hoxe na comunidade. A comisión, presidida polo titular do goberno provincial, está integrada polos deputados Mar García Vidal e Xosé Penas, e por técnicos dos servizos provinciais implicados neste plan: Política Social, Contratación, Arquitectura, Intervención, Secretaría e Asistencia a Municipios.  

Segundo explicou Formoso, con estes novos centros para maiores, a Deputación da Coruña impulsará “un novo modelo de residencias públicas en Galicia, máis cercano e persoalizado, con centros máis pequenos e de ámbito comarcal que permitan evitar o desarraigo que supón que moitas persoas maiores teñan que pasar a última etapa das súas vidas a moitos quilómetros da casa e dos seus seres queridos e encerrados en macrocomplexos masificados e pouco humanizados, ou pagar residencias privadas con tarifas moitas veces inasumibles para as familias”, explicou o presidente. 

As Pontes será o primeiro dos tres municipios da provincia no que se testará o novo modelo residencial público da Deputación da Coruña, cun centro piloto destinado a persoas maiores do municipios e da comarca, que contará cun maior número de traballadores en función do número de residentes no centro para garantir plans de atención totalmente individualizados, nun entorno máis amable e acolledor, con habitacións individuais, espazos e actvidades de convivencia interxeneracional abertos á comunidade, nos que se contará coa colaboración do tecido asociativo local, centros de ensino e familias para rachar co illamento que moitas veces sofren os maiores nestes centros.


Aposta pola innovación

A aposta pola innovación será outro dos eixes diferenciais deste novo modelo de residencias da Deputación da Coruña, que dotará aos fogares-residencia de novas tecnoloxías tanto para mellorar a vida das persoas residentes no centro como do persoal traballador. Domótica, sistemas de telemedicina, alumeado e climatización intelixentes, peches de contacto ou con datos biométricos, sensores de movemento e presenza, novos sistemas de rehabilitación física e cognitiva con base tecnolóxica ou incorporación de asistentes virtuais son algunhas das cuestións que a Deputación pretende incorporar a estes centros. 

Tamén se innovará en cuestións como o acceso de familiares e amizades, que será aberto para permitir compartir tempo cos seres queridos e incluso acompañalos en determinadas situacións nas que sea preciso, e valoraranse cuestións como a posibilidade contar con horta ou permitir a presenza de animais domésticos dentro do complexo residencial, tendo en conta a procedencia rural de moitas das persoas usuarias do centro, así como as vantaxes que proporciona o coidado de plantas e animais na prevención do deterioro físico e cognitivo.  

“A nosa idea é ir creando unha rede provincial de residencias cun modelo completamente diferente ao actual, máis acorde coas necesidades de Galicia e con dúas premisas fundamentais: a aposta pola innovación e unha atención máis cercana e máis humana, con entornos máis habitables nos que as persoas maiores estean ben coidadas e podan sentirse como na propia casa”, resumiu o presidente. 

A proposta técnica aprobada pola comisión para desenvolver este novo modelo de residencias establece un modelo de atención e intervención social chamado de 5ª xeración, que supera os antigos modelo de asilo, hospital ou residencia, baseados en contornos moi institucionalizados e cunha cultura asistencialista, por un novo modelo que xa está a desenvolver en países nórdicos como Dinamarca ou Suecia, centrado na persoa, que respecta a súa autonomía, vontade, decisións e preferencias nun espazo multiservizo e de carácter aberto e comunitario, onde as persoas da contorna podan acceder a él para gozar de certos servizos e as persoas residentes podan desenvolver tamén actividades fóra do centro asistencial.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias