El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PPdeG aposta por unha Galicia na que o rural siga vivo

15-10-2024 14:25:00
Paula Prado (e), secretaria xeral do PPdeG.

REDACCIÓN | O PPdeG conmemora o Día da Muller Rural poñendo en valor a contribución inmensa das mulleres galegas ao desenvolvemento económico da nosa terra e apostando por unha Galicia na que o rural siga vivo, na que a remuda xeracional sexa unha realidade e na que a muller siga sendo protagonista. 

Así o manifestou hoxe a secretaria xeral do partido, Paula Prado, durante a visita que realizou ás instalacións da empresa Maruxas de Nata en San Sadurniño acompañada polo coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto, os responsables de Igualdade e de Medio Rural no Grupo Parlamentario Popular, Raquel Arias e Miguel Ángel Viso, e a voceira local do partido, Belén Trigo. 

Para a número dous dos populares galegos esta empresa -cuxos produtos contan co selo de calidade de Artesanía Alimentaria e na que traballan seis mulleres e ata unha decena de períodos de alta produción- é un exemplo do labor das mulleres e especialmente do emprendemento das mulleres no rural. 

“Hai que dar as grazas a todas esas mulleres que fixeron tanto polo rural galego e poñer en valor que cada vez hai máis mulleres facendo Galicia no rural”, explicou ao tempo que reivindicaba a importancia do Día da Muller Rural para o PPdeG, “o partido das mulleres e o partido do rural”. 

Prado recordou que o PPdeG é o partido con máis mulleres alcaldesas –un total de 28, máis que o PSOE e o BNG– e que a gran maioría delas lideran pequenos concellos. De feito, case todas elas teñen unha confianza abrumadora dos seus veciños, cunha porcentaxe de voto media superior ao 60%. 

A isto hai que engadir que o Goberno galego leva 15 anos impulsando numerosas medidas de Igualdade, como a Lei de Igualdade de Galicia aprobada hai un ano, co obxectivo de “destacar a contribución inmensa das mulleres ao desenvolvemento económico de Galicia”. Unha contribución que, tal e como concluíu a secretaria xeral do PPdeG, “merece ser celebrada e recoñecida”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias