El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A provincia da Coruña conquista en Bilbao "os 5 sentidos"

16-10-2024 09:43:36
Xosé Regueira, deputado de turismo.

REDACCIÓN | Bilbao converteuse onte no epicentro da gastronomía da provincia da Coruña, que triunfou entre os máis de 100 asistentes ao evento “A Coruña cos 5 sentidos”, que a área de turismo da Deputación da Coruña celebrou no Palacio Euskalduna. Entre o público, atopábase tamén a deputada floral de Transportes, Movilidade e Turismo, Sonia Pérez. 

Trátase dunha acción enmarcada na campaña “A provincia que sabe” para poñer en valor a cadea agroalimentaria da Coruña, dende os produtores e produtoras locais ata os chefs, facendo da gastronomía o principal elemento de promoción turística do territorio. 

Os chefs de A Artesa da Moza Crecha (Betanzos), Lolo Mosteiro e Paula Martínez, foron os encargados de confeccionar un menú de orixe protagonizado por produtos de quilómetro cero e de alta calidade como o mexillón do Barbanza, os percebes do Roncudo, a pataca de Coristanco ou o polbo de Mugardos. 

Un menú que se completou coas degustacións dos produtos de Mariscos de Barallobre, A Despensa d'Lujo, Queixo Galmesán, Vila sen vento, Cafés Aruba, Costumes Galicia Empanadas, Bodegas Lodeiros, A Conserveira e Museo MEGA Estrella Galicia, e que conquistou os “5 sentidos” dos asistentes. 

Todas as empresas produtoras que acompañaron á Deputación neste evento destacaron a “gran oportunidade” que supón poder exhibir a súa materia prima en foros como este, “moi profesionais e de gran valor para nós”, onde, ademais de promocionar os seus proxectos, amosan a gastronomía da provincia a través dos seus sabores e saberes, “que representan a nosa mellor marca turística” en palabras do vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias