El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

O BNG reclama na Eurocámara máis transparencia na execución dos fondos europeos

23-10-2024 19:14:43
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participou no debate do pleno da Eurocámara "O papel importante das cidades e das rexións na UE para un desenvolvemento local ecolóxico, social e próspero" e expresou a oposición do Bloque á centralización dos fondos nas capitais de Estados membros como Madrid ou Bruxelas, tal e como pretende a Comisión Europea, e reclamou máis transparencia na execución dos fondos europeos.  

“Precisamos unha maior transparencia na execución dos fondos, un maior control para evitar a súa reprogramación, máis seguimento e avaliación do impacto do uso dos fondos dirixidos ás vilas e cidades”, salientou a eurodeputada galega na súa intervención, ao tempo que defendeu “unha política próxima á cidadanía, con servizos dispoñibles a 15 minutos, como no caso de Pontevedra ou Santiago, e que promove accións e proxectos para ter un medio rural animado, como nas localidades de Allariz ou Ribeira”. 

Neste sentido, Miranda salientou que “como eurodeputada galega, defendo unha política de cohesión que permita un desenvolvemento local con servizos públicos de calidade, que reteñan a poboación” afirmou que Galiza precisa unha política de cohesión que “axude a asentar a poboación nas cidades medianas e no rural de Galicia e de Europa” e que esas cidades e vilas reciban máis fondos directos tamén para vivenda.  


Falta de servizos básicos 

Pola contra, sinalou que unha cidade media ou pequena urbana ou rural galega non ten o mesmo desenvolvemento e acceso a servizos médicos, transporte local ou emprego que unha cidade media de Alemaña, Bélxica ou Holanda. “Como imos vivir os galegos na nosa terra, no noso país, se non hai servizos básicos nin transporte público de apoio á poboación na maioría das vilas e zonas rurais?”, apuntou a eurodeputada do Bloque.  

Ao respecto, Ana Miranda considerou que un elemento que dificulta que Galiza teña o mesmo nivel de desenvolvemento que outros Pobos europeos consiste na reprogramación interesada dos fondos “seguindo unha axenda electoral”, e non os intereses do Pobo Galego. “Como imos aplicar a Axenda Verde Europea se os fondos para a transición ecolóxica se dedican ao greenwashing, como é o caso da empresa ALTRI?”, manifestou.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias