El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Regueira refírese en Xantar á gastronomía como "factor clave para ser máis competitivos mundialmente"

26-10-2024 18:14:36
Xosé Regueira (4e).

REDACCIÓN | O 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que ten lugar en Ourense do 24 ao 27 de outubro, acolleu hoxe o acto central adicado ao turismo, onde participou o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira. 

Regueira salientou durante a súa intervención a gran calidade da gastronomía, poñendo como exemplo a campaña turística e gastronómica ‘A provincia que sabe’, na que “estamos moi ben acompañados polos concellos pero sobre todo polas empresas que están facendo un moi bo labor na gastronomía, producindo alimentos de máximo nivel e recoñecidos mundialmente” destacou. “E, por suposto, tamén por cociñeiros que tratan con absoluta excelencia eses produtos que saen da nosa horta e do noso mar”. 

O vicepresidente afirmou que a gastronomía é un “elemento clave para ser máis competitivos” e, ademais, salientou que “temos a sorte de ser unha provincia que aínda mantén as catro estacións, un destino de refuxio, o que posibilita que contemos cunha cociña estacional, sendo moi atractivos en calquera mes do ano”. E, engadiu, en calquera das estacións podedes atopar a mellor gastronomía”. 

A deputación participa nesta feira gastronómica cun stand propio onde promociona algúns dos destinos turísticos da provincia e a súa gastronomía, con diferentes actividades como showcookings ou degustacións.  “Catro días, 17 festas gastronómicas das 123 que temos na provincia, máis de 20 degustacións e a boa acollida e o cariño que as nosas xentes, produtores, e representantes concellos dan ás persoas que nos visitan, podedes atopar neste espazo que temos aquí, en Xantar”, anunciou Regueira. “Unha representación dos territorios ricos, diversos e de gran calidade que temos na Coruña”. 

Tralo acto oficial, o vicepresidente fixo entrega do premio ó mellor restaurante a Ourense Enogastronómica, promovido polos hosteleiros da cidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias