El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Turismo da Deputación volve con "A provincia que sabe" á vangarda dos fogóns do Gastronomic Forum Barcelona

02-11-2024 12:23:18
Xosé Regueira.

REDACCIÓN | Turismo da Deputación da Coruña volve ao Gastronomic Forum Barcelona, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro e onde se vai dar cita o mellor da gastronomía mundial, non hai máis que ver os nomes do programa: Oriol Castro, Laura Colagreco, Osman Sezene, Adejoké Bakaré, Eduardo Xatruch, Jordi Roca ou Andoni Luis Aduriz. 

A Deputación ten reservado un espazo onde promoverá a súa marca ‘A provincia que sabe’ da man de produtores, distribuidores e cociñeiros que poñerán en valor, coas habituais degustacións e demostracións culinarias, as potencialidades gastroturísticas da provincia. Nesta edición, baixo o lema 'Re-pensemos a restauración', o foro barcelonés reivindicará a cociña con sentido de responsabilidade social, con produtos ecolóxicos e velando pola conciliación; os mesmos argumentos que están presentes en ‘A provincia que sabe’ e na estratexia e nos obxectivos do departamento de Turismo provincial. 

"O saber e o sabor son dous dos nosos principais argumentos para vender territorio, por iso somos habituais en citas desta categoría, onde a cadea e o ciclo de valor da nosa gastronomía están sempre presentes para atraer xente e buscar a calidade do produto, tendo en conta ese factor de sostibilidade que, precisamente, este ano reivindica o Gastronomic", explica o vicepresidente provincial e responsable Turismo, Xosé Regueira, antes de viaxar á capital catalá. 

Este ano serán tres os xeodestinos coruñeses nos que se centrará a programación da Deputación: Ferrolterra, Terras de Santiago e Costa da Morte, representados polas empanadas artesanais de Costumes de Galicia (Carballo), as conservas de mariscos e peixes d’A Conserveira (Ribeira), os roxóns e chourizos de Chichalovers (Santiago de Compostela), o queixo de pasta dura cocida de Galmesán (Arzúa), as patacas fritidas de Bonilla a la vista (A Coruña), os mariscos de Mariscos de Barallobre (Fene) e as algas de Algas de Mar de Ardora (Ortigueira). 

Os cociñeiros Dani Castro (do restaurante O Camiño do Inglés, de Ferrol), Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta do Obradoiro, de Santiago) e Víctor Basante (Arrueiro, de Laxe) serán os encargados dos ‘showcookings’. Ademais, o martes 5, ás 17.45 horas, o divulgador e xornalista Jorge Guitián conducirá a mesa redonda ‘Amas da Terra: legado, cultura e cociña’, na que intervirán as cociñeiras Lucía Freitas e Dolores García mais  Dolores Gómez, bateeira de Rianxo e presidenta da Asociación Mulleres Salgadas. 


O programa

1.- Luns 4 

.- 12:00 horas: Presentación de Mariscos de Barallobre. 

.- 13:00 horas: ‘Showcooking’

.- Xeodestino / Ferrolterra: Restaurante: O Camiño do Inglés | Cociñeiro: Dani Castro. 

A) Vieira da ría de Ferrol macerada en café, con crema de champiñóns e aguacate asado. 

B) Peixe sapo de lareira, ‘meuniere’ galeguizada, vexetais ao natural e encurtidos. 

.- 14:00 hpras: Presentación e degustación de Chichalovers. 

.- 15: horas: Presentación e degustación de conservas d’A Conserveira. 

.- 16:00 horas: ‘Showcooking’.

.- Xeodestino / Ferrolterra: Restaurante: O Camiño do Inglés | Cociñeiro: Dani Castro. 

A) Vieira da ría de Ferrol macerada en café, con crema de champiñóns e aguacate asado. 

B) Peixe sapo de lareira, ‘meuniere’ galeguizada, vexetais ao natural e encurtidos. 

.- 17:00 horas: Charla "O viño na provincia da Coruña", a cargo de Alberto Varela, sommelier e CEO de Choiva Viños S. L., da Coruña. 


2.- Martes 5 

.- 12:00 horas: Presentación de Mariscos de Barallobre. 

.- 13:00 horas: ‘Showcooking’. 

.- Xeodestino / Terras de Santiago: Restaurante: A Horta do Obradoiro | Cociñeiros: Kike Piñeiro e Eloy Cancela. 

A) Vieira de Cambados con manteiga atlántica. 

B) Filloa reenchida de meloso. 

.- 14:horas: Presentación e degustación de Chichalovers. 

.- 15:00 horas: Presentación e degustación de conservas d’A Conserveira. 

.- 17:00 horas: Presentación e degustación de queixo Galmesán. 

.- 18:00 horas: ‘Showcooking’. 

.- Xeodestino / Terras de Santiago: Restaurante: A Horta do Obradoiro | Cociñeiros: Kike Piñeiro e Eloy Cancela. 

A) Pescada da lonxa de Ribeira con paté de ramallo de mar. 

B) Costela de vaca con cabaza. 


3.- Mércores 6

.- 12:00 horas: Presentación de Mariscos de Barallobre. 

.- 13:00 horas: ‘Showcooking’. 

.- Xeodestino / Costa da Morte: Restaurante: Arrueiro | Cociñeiro: Víctor Basante. 

A) Entremeses de mar (morcilla de arroz con luras, lombo de peixe sapo curado e salgadura de xarda). 

B) Fabas de Traba de laxe con raia confeitada e emulsión de ramallo de mar. 

.- 14:00 horas: Presentación e degustación de algas Mar de Ardora. 

A) Alga percebe ao natural + Ensalada de ‘wakame’ macerada con salsas orientais + Paté de cogomelo ‘shitake’ con alga espaguete de mar. 

.- 15:00 horas: ‘Showcooking’.

.- Xeodestino / Costa da Morte: Restaurante: Arrueiro | Cociñeiro: Víctor Basante.

A) Entremeses de mar (morcilla de arroz con luras, lombo de peixe sapo curado esalgadura de xarda).

B) Fabas de Traba de Laxe con raia confeitada e emulsión de ramallo de mar.

.- 16:00 horas: Presentación e degustación de queixo Galmesán. 

.- 17:00 horas: Presentación e degustación de conservas d’A Conserveira.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias