El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

Ana Miranda participa na avaliación dos novos comisarios da UE decisivos para Galiza

04-11-2024 19:12:29
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participará nas audiencias do Parlamento Europeo correspondentes á elección dos novos comisarios e comisarias da Comisión Europea para o período 2024-2027 que afectan de forma decisiva a Galiza. As comparecencias dos candidatos e candidatas terán lugar esta semana e a vindeira, de forma que a nova Comisión Europea podería ser confirmada no vindeiro pleno da Eurocámara, na semana do 25 de novembro. 

“Como eurodeputada galega do BNG formularei cuestións que afectan directamente ao noso país, desde os sectores produtivos como pesca e agricultura, á urxencia de crear un fondo europeo de vivenda pública ou a necesidade de paralizar proxectos como Altri”, explica Ana Miranda a respecto das intervencións que realizará nos vindeiros días na avaliación dos candidatos a comisarios e comisarias europeas. 

Así, hoxe luns, a eurodeputada galega asistirá á comparecencia correspondente ao candidato a Comisario de Comercio e Seguridade Económica; Relacións Interinstitucionais e Transparencia, Maros Šef?ovi?. A súa importancia radica en que será un dos Comisarios encargados das peticións e dos procedementos de infracción, xa que a CE ten varios procedementos abertos contra o Estado español. Ademais, hoxe asistirá á comparecencia do Comisario de Agricultura, Christophe Hansen, debido ao interese crucial que ten a agricultura e o sector gandeiro para Galiza.  


Importancia da UNRWA 

O martes asistirá á comparecencia do candidato a Comisario de Vivenda e Enerxía, Dan Jørgensen, dado os graves problemas relacionados co acceso e o prezo da vivenda na Galiza. Pola súa banda, o mércores 6 de novembro, Ana Miranda intervirá en tres comparecencias. A primeira delas refírese á candidata á Comisaria de Preparación, Xestión de Crises e Igualdade, Hadja Lahbib, á que a eurodeputada do Bloque interpelará sobre a importancia da UNWRA e a seguridade alimentar en países en vías de desenvolvemento. 

En segundo lugar, o día 6 participará na audiencia correspondente ao Comisario de Pesca, Costas Kadis, na que defenderá o sector pesqueiro e marisqueiro como elemento primordial da economía galega. E, en terceiro lugar, intervirá na comparecencia do candidato a Comisario de Asociacións Internacionais, Josef Sikela, na que  expresará a posición do BNG contra as industrias extractivas e defenderá aos pobos indíxenas. 

Xa a vindeira a semana, a eurodeputada do Bloque participará en dúas comparecencias. Por un lado, intervirá na avaliación ao candidato a Vicepresidente Executivo de Asuntos Rexionais, Raffaelle Fitto, na que defenderá a descentralización dos fondos europeos e que estes fondos cheguen de forma axeitada para dar solución ás necesidades de infraestruturas e problemas sociais de Galiza. Finalmente, Miranda asistirá á comparecencia correspondente á Vicepresidencia Executiva para Competencia e Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias