El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA | PORTO EXTERIOR

Inés Rey: "Hoxe damos un novo paso decisivo para o futuro do noso Porto Exterior"

06-11-2024 15:19:15
A alcaldesa, Inés Rey (c).

REDACCIÓN | A alcaldesa, Inés Rey, interviu no acto de inicio das obras de ampliación do Porto Exterior de Punta Langosteira: "Hoxe damos un novo paso decisivo para o futuro do noso Porto Exterior, unha infraestrutura que simboliza a aposta pola transformación e o desenvolvemento sostible", destacou a alcaldesa. Tamén interviu Dolores Salorio, directora de obra; o presidentes da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado; o presidente de Puertos del Estado, Alvaro Rodríguez Dapena; o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Asistiron ao acto subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.Rey subliñou o papel clave da colaboración entre administracións para a consecución do enlace ferroviairo do Porto Exterior: "Cando traballamos xuntos, podemos converter proxectos en realidades". Nese marco, a rexedora salientou o traballo conxunto para redefinir a fachada marítima da cidade coa sinatura do protocolo Coruña Marítima. “Quen me coñece sabe que concibo o entendemento como a principal ferramenta política. Con esa premisa lideramos o desbloqueo do acceso ferroviario ao Porto Exterior no 2021 e acabamos de asinar o protocolo Coruña Marítima para adaptar os terreos portuarios interiores á nova realidade social como espazo público”, completou Rey.A intervención potenciará o transporte de graneis sólidos e líquidos, facilitando o asentamento de novas empresas e proxectos en sectores clave como as enerxías renovables e a tecnoloxía offshore. Rey destacou que “o hidróxeno verde poderá converterse no verdadeiro petróleo galego” a través de empresas como Fisterra Energy, Enerfin, Navantia, Acciona ou Ferrovial para liderar esta transformación. “Estamos construíndo o futuro que queremos para A Coruña e Galicia” aseverou. Así mesmo, agradeceu o apoio económico do Goberno de España a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, tanto no acceso ferroviario como nas obras iniciadas para a mellora da conectividade da dársena coa rede ferroviaria xeral. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias