El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Turismo da Deputación investirá en 2025 dous millóns na mellora da calidade do sector

13-11-2024 14:14:18
Pleno da Deputación da Coruña.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña abriu hoxe a convocatoria do programa de subvencións DP0030/2025, dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos da provincia, para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas en 2025. A contía das axudas é de 2 065 000 euros, dos que os beneficiarios poderán recibir un máximo de 150 000. O prazo de solicitudes estará aberto entre o 15 de novembro e o 16 de decembro. 

O obxecto da convocatoria é o fomento da creación de produtos turísticos, mellora da difusión e posicionamento turístico do territorio, fomento da formación no sector e avances na calidade do segmento de mercado, co financiamento de áreas como a formación, a implementación de plans, o desenvolvemento de actividades e a contratación de persoal especializado. 

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, destacou "a obriga de facilitar o traballo e a cooperación entre todos os axentes do sector para a promoción turística da provincia dende un punto de vista sostible pero tamén cohesionado e que prima a calidade". "Estas axudas", engadiu, "teñen gran importancia pola diversidade da nosa oferta turística nun territorio que alberga oito xeodestinos moi diferentes, pero con liñas estratéxicas conxuntas que son o resultado dese traballo colaborativo". 

En 2024, Turismo da Deputación distribuíu axudas por valor de 2 006 200 euros entre 18 beneficiarios; entre eles, Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, : Asociación de Concellos Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, Asociación para o Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos ou Fundación A Coruña Convention & Visitors Bureau.  

As bases da convocatoria está publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 11 de febreiro. Tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias