El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA | TURISMO

Galicia, recoñecida como destino "Sostible do Ano" pola revista viajar

16-12-2024 18:49:44
Xosé Merelles (5e).

REDACCIÓN | O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiu hoxe en Madrid o Premio Viajar ao Destino Sostible do Ano. Nun acto que tivo lugar no Hotel Ritz, Xosé Merelles puxo en valor a sostibilidade como un dos eixos estratéxicos do seu departamento ata 2030 no que se pretende consolidar Galicia como destino auténtico e sostible. 

O director de Turismo de Galicia destacou ademais que o turismo está a converterse nun verdadeiro motor económico da Comunidade que medra incluso por riba da media española. Así, “segundo os últimos datos do INE, Galicia rexistrou en outubro un incremento de demanda hostaleira do 4,8% e un crecemento de viaxeiros aloxados do 5,6%, mentres que o crecemento medio do conxunto de España foi do 4,7% en noites e do 3,7% en número de viaxeiros”, afirmou. 

A revista Viajar é unha publicación que leva 45 anos divulgando propostas e destinos turísticos. Esta é a terceira edición dos seus premios que este ano se concederon en 25 categorías.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias