El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación participará na Feira GastroLexítimo de Paderne

Para promocionar os produtos locais.

10-01-2025 12:07:17
Xosé Regueira (c), en Paderne.

REDACCIÓN | O concello de Paderne acolleu a visita do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que se reuniu co alcalde, Sergio Platas, para abordar a participación da entidade provincial na Feira Gastrolexístimo que se celebra na aldea da Esperela a principios de verán para poñer en valor a actividade bodegueira da comarca, así como a súa gastronomía e cultura, e que na última edición. 

“Para nós é un orgullo poder participar neste evento, que encaixa á perfección coa nosa campaña turística e gastronómica ‘A provincia que sabe’, e que celebra a identidade da comarca, da provincia e do país” sinalou Regueira. “Ademais de promocionar os produtos e a gastronomía locais, esta feira dinamiza a actividade turística, cultural e de ocio, polo que dende a Deputación queremos apoiala e reforzar a súa programación”. 

Ademais, o vicepresidente referiuse á “relevancia” de que se celebre “nunha aldea singular, involucrando a toda a veciñanza, dun concello rural que forma parte dun territorio como a Reserva da Biosfera, fundamental para o turismo da provincia e que está xogando un papel clave no fomento da gastronomía centrada no quilometro cero e de calidade, e nos produtos artesanais”. 

“Todos estes ingredientes”, engadiu Regueira, “converten á Feira Gastrolexítimo nun espazo de especial interese para a Deputación, que nos permite non só promocionar territorio, produto e identidade, senón tamén contribuír á xeración dun impacto socioeconómico moi positivo na súa contorna”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias