El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

PREMIOS MESTRE MATEO

O audiovisual galego bate récord de participación nos XXIII Premios Mestre Mateo

A gala terá lugar en Lalín o vindeiro 15 de marzo.

10-01-2025 12:21:25
Foto de archivo dos Premios Mestre Mateo.

REDACCIÓN / Noticia ofrecida por IdoVisual | A Academia Galega do Audiovisual abre hoxe o período de votacións para escoller as finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo. As académicas e académicos poderán votar nesta primeira volta entre as candidaturas inscritas para a vixésimo terceira edición dos Mestre Mateo, que celebrará a súa entrega de premios nunha gala que terá lugar en Lalín o vindeiro 15 de marzo. 

Esta edición bateu récord de candidaturas inscritas tanto nas categorías de produción, cun total de 199 obras, como de profesionais, con 536 participantes. A categoría de longametraxe mantén o récord do ano pasado de dez inscricións e da conta da boa saúde do audiovisual galego. Os filmes inscritos están recoñecidos por prestixiosos festivais internacionais como o Festival Internacional de Cinema de Róterdam, o Festival Internacional de Cinema de Málaga, o Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o Festival Internacional de Shanghái, a Seminci, Márgenes, etc. 

As categorías de programa, curta de imaxe real e curta de animación bateron tamén o récord de participacións. As series de televisión manteñen a súa tendencia á alza e incrementan inscricións con respecto aos dous últimos anos, con producións estreadas na CRTVG e en plataformas como Netflix, Movistar Plus e Prime Video. 

É salientable que máis da metade das producións inscritas teñen a súa versión orixinal en galego, o 68,6%, o que supón un incremento de máis de tres puntos con respecto aos datos da pasada edición. 

Nas categorías profesionais hai un total de 536 inscritos dos cales 320 (un 60%) son homes e 216 (un 40%) son mulleres. As categorías que aglutinan o maior número de candidaturas son montaxe con 72 participantes, guión con 65, e interpretación masculina de reparto con 44. 

Neste primeiro prazo de votación, que estará aberto ata o 27 de xaneiro ás 12:00 horas, as académicas e académicos elixirán as candidaturas finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo. Unha vez anunciadas, abrirase un segundo prazo de votación para elixir ás gañadoras que se darán a coñecer na gala de entrega de premios, que terá lugar o 15 de marzo no Lalín Arena, unha das citas máis importantes para a cultura galega.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias