El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

NORTE CINEMA DIVERSO

A española Transición, premio Trini Falcés á mellor curtametraxe do Norte Cinema Diverso

22-02-2025 23:52:22
Transición, premio Trini Falcés.

REDACCIÓN | A terceira edición do festival Norte Cinema Diverso botou o pano coa entrega do premio Trini Falcés á mellor das once curtametraxes e tres documentais presentados ao certame. O xurado, formado por profesionais da industria cinematográfica, membros do colectivo LGTBIQ+, xornalistas e políticos, decidiu outorgar o premio á curtametraxe española Transición, do director madrileño David Velduque, “pola súa capacidade de achegar unha mensaxe clara e comprometida a través da ficción, polo excelente traballo da súa protagonista, polo seu virtuosismo técnico e pola súa implicación coa visibilidade das identidades trans”. O gañador levou para Madrid o zoco da diversidade realizado por Elena Ferro, este ano pintado coas cores da bandeira non binaria. Transición reflexiona sobre o abandono das persoas trans na terceira idade. Está protagonizada pola canaria Celeste González, unha artista que debutou como actriz na compañía galega Matarile, coa que fixo dez espectáculos entre 2007 e 2023. 

Ademáis, o xurado, presidido polo actor e director coruñés Miguel Canalejo, decidiu outorgar unha mención especial a outra curtametraxe española, Ese lugar partido, dirixida pola coruñesa Inés Pintor Sierra e o madrileño Pablo Santidrián. O xurado destaca “a súa defensa da memoria histórica do colectivo,  o excelente traballo dos intérpretes, unha proposta narrativa única e ao servizo da trama apoiada por un traballo de montaxe e composición de banda sonora”. 

A terceira edición de Norte Cinema Diverso, organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, despediu tres días de proxeccións no Teatro Colón nos que se pudieron ver tres longametraxes, tres documentas e once curtametraxes.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias