El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

POLÍTICA | BNG

Ana Miranda denuncia o branqueo da UE a Israel e reclama o fin de acordo de asociación

24-02-2025 16:51:31
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, denuncia que a recepción da presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, ao ministro de Asuntos Exteriores do goberno de Israel, Gideon Sa’ar, non é máis que un paso máis no proceso de branqueamento que está levando a cabo a UE con respecto ao goberno sionista. 

“En lugar de ver a unha Unión Europea forte e contundente condenando o xenocidio que Israel está cometendo co Pobo Palestino, vemos a unha UE que consiste e permite o asasinato e a deportación masiva de persoas que queren vivir na súa terra e que non respecta nin fai respectar o dereito internacional”, subliña a eurodeputada do BNG. 

En liña cunha carta asinada xunto a outras eurodeputadas e eurodeputados e dirixida a vicepresidenta da Comisión Europea, Kaja Kallas, Ana Miranda sinala que este encontro representa ademais unha ofensa ás miles de vítimas en Gaza e unha violación do dereito internacional. Neste sentido, insta á Unión Europea a actuar de forma coherente contra as violacións dos dereitos humanos por parte de Israel. 


Cese do comercio de armas 

“É obriga da UE respectar e facer cumprir as normas internacionais e os fallos da xustiza internacional”, defende a eurodeputada galega e integrante da Delegación de Palestina do Parlamento Europeo, quen lembra que Israel incumpre sistematicamente as ordes da Corte Internacional de Xustiza, quen en xullo de 2024 ditaminou que a ocupación israelí de Palestina é ilegal e esixiu o fin da ocupación e a reparación dos danos causados á poboación afectada. 

A eurodeputada galega tamén critica que a UE manteña o Acordo de Asociación UE-Israel, que proporciona beneficios económicos e permite que a industria militar de Israel participe en iniciativas financiadas pola UE. “É inaceptable que a UE  manteña este Acordo de Asociación mentres Israel está incumprindo sistematicamente o artigo 2 deste acordo, que sinala como requisito fundamental a defensa dos dereitos humanos e os valores democráticos”, sinala Miranda. 

Ademais da suspensión do acordo, a eurodeputada do BNG defende o cese do comercio de armas e as exportacións de equipos militares de todos os Estados da UE a Israel, así como a exclusión das empresas que operan en asentamentos ilegais de todos os procesos de contratación da UE.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias