El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro lamenta a "actitude antigalega" de Rueda ao renunciar á condonación da débeda

24-02-2025 18:27:22
José Ramón Gómez Besteiro.

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou hoxe a “actitude antigalega” de Rueda ao rexeitar a condonación da débeda anunciada hoxe polo goberno e que suporía 4.010 millóns de euros para Galicia. O responsable socialista lamentou a “falta de visión e de compromiso cos intereses do noso país” amosada polo presidente da Xunta. 

Besteiro lamentou que o presidente da Xunta prefira “manter unha posición que prexudica os intereses de Galicia priorizando a lealdade partidista sobre o benestar dos galegos e galegas”. Con esta decisión, advertiu que o goberno galego “ignora as oportunidades” que pode ofrecer unha condonación da débeda para aliviar a carga financeira e liberar recursos destinados a mellorar os servizos públicos e as infraestruturas en Galicia. 

O líder dos socialistas galegos critica que opte por poñer ao PP por diante da comunidade que goberna e advirte que o presidente da Xunta “vai ter moito que explicarlles aos galegos e galegas”, aos que deixa de atender pola súa “submisión” aos ditados do Partido Popular a nivel estatal.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias