El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

RADIO LÍDER

Radio Líder lanza o programa "Fala que Fala"

Un nuevo programa radiofónico en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua,

24-02-2025 15:38:13
Fala que Fala, en Radio Líder.

REDACCIÓN | Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, lanzará a partir do xoves o programa 'Fala que Fala', unha proposta educativa e multimedia dirixida a fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. Este proxecto busca levar a radio directamente aos centros educativos, convertendo aos estudantes en protagonistas e animando a mozos e mozas a expresarse en galego. 

O programa dará comezo no IES Oroso, onde se emitirá en directo de 11.00 a 13.00 horas. Este será o primeiro de varios programas que se desenvolverán entre febreiro e xuño en diferentes centros seleccionados a través dun sorteo previo. Entre os centros participantes destacan o IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa, o CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro en Carballiño, o IES Ordes, o Liceo La Paz e o IES Manuel García Barros en A Estrada

Durante as emisións, o alumnado participará en dinámicas que promoverán o uso activo do galego, como debates, contacontos e xogos, todos diseñados para crear un ambiente atractivo e divertido que fomente a lingua. Ademais, os estudantes terán a oportunidade de realizar entrevistas a personalidades destacadas do ámbito cultural, social, deportivo ou político do seu concello, o que non só enriquecerá a súa experiencia, senón que tamén os conectará máis co seu entorno e a súa comunidade. 

'Fala que Fala' ten como obxectivo resaltar o traballo que se realiza nos departamentos de lingua galega dos centros educativos, creando un espazo de interacción onde os estudantes poidan practicar e mellorar as súas competencias lingüísticas de maneira creativa e dinámica. O proxecto culminará cun acto de clausura no mes de xuño, no que se recoñecerá o esforzo e a implicación do alumnado participante. Os estudantes recibirán un diploma de recoñecemento e poderán optar a agasallos especiais. 

Radio Líder agradece a todos os centros educativos que enviaron a súa solicitude para sumarse a esta emocionante iniciativa que ten como propósito fortalecer o uso do galego e promover a reflexión crítica entre as novas xeracións, contribuíndo así á preservación e á valorización da cultura galega. A participación no programa non só ofrecerá aos estudantes a oportunidade de mellorar as súas habilidades lingüísticas, senón que tamén lles permitirá disfrutar dun espazo creativo e interactivo que reforzará a súa identidade cultural.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias