El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA | TURISMO

Galicia medra en febreiro por segundo mes consecutivo en viaxeiros aloxados en hoteis e pensións

Estes establecementos obtiveron uns ingresos netos nominais de máis de 14 millóns, un 1,2% máis que o mesmo mes de 2024.

21-03-2025 19:35:04
Hotel Crunia.

REDACCIÓN | O Instituto Nacional de Estatística (INE), fixo hoxe públicos os datos turísticos do pasado mes de febreiro que constatan un crecemento do 1,7% en viaxeiros aloxados en hoteis e pensións da comunidade. En concreto, foron 207.958 persoas que fixeron 361.675 noites nos establecementos hoteleiros. Os datos rexistrados indican que con case 208.000 viaxeiros, Galicia marca un máximo histórico no mes de febreiro en hoteis e pensións. Estes datos completaranse cos do resto de aloxamentos que de novo fará públicos o INE nos vindeiros días. 

O turismo de ámbito nacional, con 171.000 noites o pasado mes de febreiro tamén rexistra a cifra máis elevada desde 2008. Este bo comportamento reflíctese na rendibilidade do sector que obtivo uns ingresos totais nominais de 14M€, un 1,2% máis que en 2024. 

En canto ao perfil dos viaxeiros en febreiro, o 82% das noites hoteleiras corresponderon ao turismo de ámbito nacional, segmento no que tiveron un maior peso os españois que proceden doutras comunidades autónomas, xa que representan o 47% do total. Así pois, case unha de cada dúas noites nos hoteis e pensións de Galicia corresponderon aos españois que veñen de fóra da comunidade. 

O mercado interno, dos residentes en Galicia, absorbe o 35% mentres que o 18% restante corresponde ao turismo internacional. O mercado nacional foi o que rexistrou o mellor comportamento cun incremento do 4% con respecto ao mesmo mes de 2024.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias