El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

EUROCÁMARA | CASO ALTRI

Ana Miranda e Rogelio Santos denuncian na Eurocámara a ameaza que supón Altri na pesca e o marisqueo galegos

25-03-2025 17:53:44
Ana Miranda (e), e Rogelio Santos.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e o mariñeiro e divulgador Rogelio Santos Queiruga participaron hoxe nunha conferencia sobre a promoción das prácticas pesqueiras de baixo impacto. Nas súas respectivas intervencións salientaron a importancia que ten en Galiza a pesca artesanal e o marisqueo e a ameaza supón a instalación de Altri nestes sectores produtivos. 

“O proxecto de Altri, que pode ter impacto nas rías, é un proxecto altamente contaminante. Non o digo eu como eurodeputada do BNG, senón que o din os informes científicos”, destacou Ana Miranda na conferencia sobre pesca sostible, onde ademais alertou das consecuencias que pode ter nos sector pesqueiro e marisqueiro, “que xa ten numerosos problemas neste momento”. 

A eurodeputada galega tamén fixo referencia “ao clamor” vivido este sábado pasado na Pobra do Caramiñal contra a instalación de Altri e manifestou que o sector pesqueiro e marisqueiro precisan investimentos. “Precisamos rías saneadas e non proxectos que poidan contaminalas. Precisamos augas limpas, augas nas que se poida producir o marisco e nas que o peixe poida medrar”, salientou. 


Defender a terra 

“Como galego e como mariñeiro sempre é un orgullo poñer en valor a miña terra e o sector ao que pertenzo en calquera lugar ao que vaia e tamén defendelo de calquera agresión de calquera tipo que lle veña enriba, como neste caso a instalación da macrocelulosa Altri”, subliñou pola súa parte Rogelio Santos, quen sinalou que este proxecto vai prexudicar a moita xente que vive na comarca da Ulloa, pero tamén na ría de Arousa. 

“É un proxecto que non quixeron en Portugal, aí foron máis listos que nós, e en cambio é o proxecto estrela da Xunta de Galiza”, manifestou o mariñeiro e divulgador científico na súa intervención, quen ademais agradeceu a Ana Miranda e ao BNG a posibilidade de participar neste evento “e traer esta mensaxe chea de orgullo pola miña terra e o meu sector”, así como trasladar este sentir a un dos vicepresidentes do Parlamento Europeo, como a distintos eurodeputados e persoas vinculadas ao mundo do mar, a defensa dos océanos e a defensa dos dereitos dos mariñeiros. 

Ademais, tanto Ana Miranda como Rogelio Santos participaron nun coloquio conducido polo xornalista Alexandre Mato e retransmitido en directo por Infolibre sobre as consecuencias da instalación da macrocelulosa Altri e o posible incumprimento das directivas ambientais europeas. Precisamente sobre a contaminación da macrocelulosa proxectada en Palas de Rei, a eurodeputada galega presentou unha pregunta dirixida á Comisión Europea para a súa resposta escrita. 

Neste documento, Ana Miranda pregunta se a Declaración de Impacto Ambiental que acaba de recibir o proxecto é compatible coa correcta aplicación da Directiva Hábitats, xa que Altri tería un gran impacto ambiental sobre tres especies de flora en perigo de extinción.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias