El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Más noticias

MOSTRA DE ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Recunchos internacionais, exhibicións artesás en vivo, stands e moito máis na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Desde o 16 ao 20 de abril.

28-03-2025 11:21:00
Mostra do Encaixe de Camariñas.

REDACCIÓN | A XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña dará para moito, e o visitante poderá adquirir nos diversos postos de Encaixe de Camariñas pezas exclusivas de enxoval doméstico, complementos de moda ou souvenirs realizados con Encaixe de Camariñas. 

No pavillón Víctor Vigo, desde o 16 ao 20 de abril, daranse cita artesáns e artesás chegadas de diferentes puntos de Galicia e España, así como de Bulgaria (Sofía), Hungría (Kiskunhalas), Italia (Novedrate e Trapani), Polonia (Bobowa) e Portugal (Peniche e Serra D’el Rei). 

Ademais, no eido solidario, estará presente outro ano máis a asociación STOF FA, unha entidade que aglutina a persoas afectadas pola Ataxia de Friedreich a nivel nacional, para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade. Unha iniciativa que nace a partir da petición de María Jesús González Souto. 

Haberá espazo novamente para a Asociación Española contra o Cancro e contaremos con Punto Violeta. Tanto a Deputación da Coruña como o Concello de Camariñas contarán con stands propios, ademais de Encaixe Azul e APTCM. 

No caso das demostracións artesanais en vivo, serán cinco (5) as que se poderán contemplar: Artesanía Corman, demostracións co torno de vidro; Artesanía Nía, con obradoiros de Miyuki; Olería de Buño, con demostracións co torno e obradoiros de barro; Suso Calo – Lobo Tolo, con demostración de pirogravados e Tejas Pintadas, que demostrará como é a montaxe de bixutería en pedra natural. 


Stands das palilleiras 

Neste apartado teremos ata dezasete (17) propostas, entre as que destacan Ana Trasariz, a Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca de Muxía, a Asociación de Mulleres Rurais de Moraime, Arte en Palla, “As Nemanquiñas” de Vimianzo, a Asociación Profesional de Palilleiras de Rendas, a Asociación Puntillas de Camariñas, El Rincón de los Sueños, Encaixa-T, Encaixes Arjomil, Encaixes Belén, Encajes Gelina de Camariñas, Encaixes Maruja de Camariñas, Fiando Miúdo, Galencaixe, Nadia en Vela e O Cornechiño de Lita. 


Stands de artesanía 

Son ata dez os postos de artesáns e artesás que estarán presentes no pavillón Víctor Vigo: Antolín Piel, Artesanía Corman, Artesanía Nia, Fils i Agulles Carme Espriu, Malas Hierbas Artesanía, Miña Terra, Suso Calo – Lobo Tolo, Tejas Pintadas, Olería de Buño e Xacarandá.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias