El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PPdeG contrapón "a Galicia que goberna" de Alfonso Rueda coa "Galicia que bloquea" da esquerda do "non a todo por sistema"

03-04-2025 17:08:24
Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.

REDACCIÓN | O Partido Popular de Galicia contrapón “a Galicia que goberna” liderada polo presidente Alfonso Rueda coa “Galicia que bloquea” promovida por unha esquerda especializada no “non a todo” e que se opón por sistema a calquera iniciativa de futuro na nosa Comunidad.  

Así o manifestou hoxe a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, nunha rolda de prensa na que focalizou estas críticas nun “Bloque Negacionista Galego” ao que cualificou de “destrutivo” e “tóxico” e que “por moito que intente branquearse, nunca foi un partido de goberno”. Neste sentido, rebautizou á líder do independentismo galego como Ana ‘Nonnón’. 

“Pretenden disfrazarse como un movemento transversal de contestación social e argumentar os seus posicionamentos cando en realidade son un movemento político radical e o seu único argumento é o ‘non’ a todo por sistema”, explicou poñendo como exemplo a negativa de Ana Pontón a Altri, á mina de litio de Doade, á enerxía verde e a todas as medidas para mellorar a nosa Sanidade pública. 

Por isto, asegurou, o PPdeG seguirá “desenmascarando ao partido do ‘non’ e a unha Ana Pontón que leva dúas décadas negándose a calquera proxecto” e, pola contra, continuará dicindo ‘si’ á “Galicia que goberna” con Alfonso Rueda á fronte e que defenderán no Parlamento, no Senado, no Parlamento Europeo e “onde faga falta”. 

“Galicia goberna fronte a unha oposición que desde o día despois das eleccións só tratou de paralizar e porque os galegos elixiron a estabilidade do PPdeG fronte ao ‘non a todo’ e o bloqueo”, concluíu poñendo en valor a un Goberno que galego que “semana tras semana se reúne sen liortas nin estridencias e para traballar en novas medidas para os galegos e galegas”. 

Destacou, entre estas medidas, a consolidación da matrícula gratuíta para estudantes universitarios e de ensinanzas artísticas superiores, que arrancou este curso con case 2.000 beneficiarios e que, tal e como anunciou o presidente Rueda este luns, se manterá o vindeiro ano académico. 

Algo que, unido á conxelación das taxas nos másteres —entre os máis baratos de España—, permitirá un aforro estimado de preto de 20 millóns de euros ao ano ás familias galegas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias