El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

EN RADIO LÍDER

"Fala que Fala" continúa a súa ruta

E chega este mércores ao IES Manuel García Barros da Estrada.

08-04-2025 09:45:24
Cartel do Fala que Fala en radio Líder.

REDACCIÓN | Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, continúa coa emisión do programa educativo «Fala que Fala», unha iniciativa que leva a radio en directo aos centros de ensino para fomentar o uso do galego entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. 

Este mércores será a quenda do IES Manuel García Barros da Estrada, onde o programa emitirase en directo de 10.00 a 12.00 horas. O espazo contará con dous convidados especiais: Valentín García, secretario xeral da Lingua, e Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada. 

Este último foi elixido polo propio alumnado do centro para ser o protagonista da entrevista principal, nun exercicio de participación activa que reforza o obxectivo do programa: dar voz aos mozos e mozas e animalos a expresarse en galego nun entorno lúdico e creativo. 

«Fala que Fala» busca tamén poñer en valor o traballo realizado polos departamentos de lingua galega nos centros educativos, ao tempo que achega aos estudantes a figuras destacadas da súa contorna, reforzando así a conexión coa súa realidade máis próxima. 


Outros centros de Galicia

A iniciativa proseguirá nas vindeiras semanas por outros centros de Galicia (IES Ordes, CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro e IES Faro das Lúas), culminando cun acto final no mes de xuño, no que se recoñecerá a implicación de todo o alumnado participante.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias