El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Cultura da Deputación crea o premio Luis Seoane de deseño

08-04-2025 12:28:14
Presentado o premio Luis Seoane de deseño.

REDACCIÓN | O departamento de Cultura de Deputación da Coruña anunciou a creación do premio Luis Seoane de deseño, que recoñecerá as traxectorias, de máis de dez anos, de persoas, colectivos ou entidades cuxos traballos sexan relevantes nas especialidades do deseño gráfico e comunicación visual, deseño dixital, deseño de procesos de organización, deseño industrial e de produto, deseño de espazos e deseño de moda. 

Establécese un único premio de 6.500 euros e o prazo para presentar candidaturas –de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL)– rematará ás 14 horas do 19 de maio.  

A deputada de Cultura, Natividade González, presidirá o xurado, que estará formado por unha persoa que pertenza ao ámbito do ensino do deseño, tres profesionais en exercicio de diferentes especialidades –gráfico, de produto, dixital, de moda, etc.– e unha persoa do ámbito empresarial ou cultural, especialmente relacionado cos campos do deseño, a arte e a comunicación. 

“Con este novo premio, que incorporamos ao xa imprescindible catálogo de certames convocados polo departamento de Cultura da Deputación”, explica González, “queremos  non só homenaxear a figura irrepetible de Luis Seoane, creador total, visionario e pioneiro do deseño gráfico en Galicia, cuxa obra e legado é fundamental para entender a modernidade estética no noso país”. “Queremos tamén”, engadiu, “galardoar traxectorias consolidadas e que a convocatoria se converta nun referente e nun espacio de encontro e recoñecemento para os e as profesionais do deseño en todas as súas disciplinas”. 

Co novo certame, a Deputación da Coruña segue a apostar, segundo González, “por iniciativas que fomenten o talento galego; neste caso, nun sector clave para a cultura, a industria e a comunicación na Galicia do século XXI”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias