El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLITICA

Lara Méndez: "Se non lembramos o noso pasado, estamos abocados a repetir os mesmos erros"

12-04-2025 12:28:56
Lara Méndez.

REDACCIÓN | A viceportavoz segunda do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, destacou hoxe a relevancia institucional do acto de constitución da Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, celebrado en San Domingos de Bonaval. “Hoxe estamos ante un día que ten xa a súa páxina na memoria colectiva de Galicia”, sinalou.  

Méndez lembrou que a creación da fundación culmina un proceso iniciado hai case tres lustros, cando Ramón Villares, daquela presidente do Consello da Cultura Galega, propuxo a constitución do patronato e o impulso dunha lei que agora se fai realidade. Un fito, dixo, que foi posible grazas ao consenso dos tres grupos parlamentarios.  

A parlamentaria puxo en valor a pegada de figuras como Castelao e Rosalía de Castro, “que co seu compromiso e co seu traballo dignificaron a nosa lingua, nun momento no que o galego afronta serios retos e precisa ser defendido como parte esencial da nosa identidade e da nosa cultura”.  

Sinalou a transcendencia deste avance institucional “cando vemos como o Partido Popular tenta, moitas veces, reinventar o pasado ao seu antollo”, polo que insistiu na importancia de preservar a memoria e o legado común de Galicia: “Se non lembramos o que fomos, estamos abocados a repetir os mesmos erros”.  “É un día satisfactorio, para celebrar e, sobre todo, para recoñecer o que nos une como pobo”, concluíu. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias