El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación apoia con 352.596 euros 27 proxectos de conservación do medio ambiente

15-04-2025 13:52:35
A deputada de Medio Ambiente, Rosa Ana García.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña apoia con 352.596,59 euros a 27 entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolven actividades de conservación do medio ambiente. 

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a resolución provisional destas subvencións, que van dos 2.000 aos 25.000 euros por entidade. A través destas achegas fináncianse proxectos de conservación de hábitats de alto valor natural e do medio mariño, algúns deles cunha longa traxectoria coma o programa de custodia do territorio da Fundación Fragas do Mandeo ou a actividade “Defende o mar a través do surfing” de Surf and Clean, dirixida aos escolares da provincia e que contempla actividades tanto nas aulas dos colexios como nas praias. 

Tamén se financian accións de limpeza de espazos naturais, actividades de sensibilización ambiental ou de conservación de especies de fauna e flora autóctona, como o proxecto da Asociación Vento Noso para a mellora da calidade da auga en zonas rurais, o mantemento e ampliación da senda peonil do río Condomiñas da Asociación dos Ríos de Cedeira ou a recuperación do bosque autóctono da Fraga do Faroleiro, da Asociación Fragas do Ortegal. 

A deputada responsable da área de Medio Ambiente, Rosa Ana García, subliñou que estas axudas contribúen a preservar a riqueza medioambiental da provincia e á sensibilización da sociedade, e particularmente dos escolares, sobre a importancia de coidar o planeta e promover a sustentabilidade en todos os ámbitos. A resolución provisional





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias