El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O pleno da Deputación non alcanza a unanimidade na defensa de Vigo como sede do Mundial

Por diferenzas na estratexia de defensa da candidatura dos grupos.

16-04-2025 18:37:11
Pleno da Deputación de Pontevedra.

REDACCIÓN | O pleno da Deputación non alcanzou a unanimidade na defensa da cidade de Vigo como sede do Mundial de fútbol do ano 2030 por diferenzas na estratexia de defensa da candidatura dos distintos grupos políticos que conforman a corporación provincial. Nunha sesión plenaria extraordinaria celebrada este mércores no salón de plenos do Pazo provincial, a moción presentada polo grupo socialista para esixir ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que apoie a petición do Concello de Vigo para que a RFEF publique os criterios e puntuacións de todas as candidaturas e outros acordos complementarios só contou co voto favorable dos deputados do PSOE, mentres que os do BNG abstivéronse e os do PP, votaron en contra despois de que o grupo socialista rexeitara unha emenda de substitución que buscaba o consenso ao solicitar unicamente á RFEF a inclusión de Balaídos como sede do Mundial.  

O debate sobre a defensa de Vigo como sede do Mundial de fútbol do ano 2030 xa se debatera no último pleno ordinario da Deputación cunha moción presentada polo grupo popular que amosaba o apoio da Deputación á candidatura de Vigo, esixía á RFEF a publicación dos criterios de baremación e a puntuación de todas as cidades aspirantes e o establecemento dun traballo técnico conxunto entre o Concello e a RFEF para esclarecer os feitos sobre a designación das sedes. Unha proposta que foi aprobada cos votos favorables do grupo popular.  

A moción foi rexeitada polos votos en contra do grupo popular e a vicepresidenta Luisa Sánchez foi a encargada de argumentar esta decisión. “Esta moción non esixe ningún acordo nin apoia a candidatura. Non hai nin unha mención a establecer vías de interlocución doa RFEF”, comezou a vicepresidenta. “Como Deputación, ninguén pode dubidar da defensa de Vigo como sede: emitimos unha carta de compromiso, asistimos ás reunións técnicas convocadas polo Concello de Vigo e financiamos as obras para rematar o estadio”, enumerou Sánchez, quen rematou apelando ao consenso. “O que necesitamos é que Vigo sexa sede do Mundial, por iso optamos por defender a Vigo desde o consenso. Solicitamos que o PSOE acepte a nosa emenda de substitución e que todos os grupos políticos apoiemos que Vigo sexa designada sede do Mundial”, concluíu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias