El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Economí­a

FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

Cerca de 200 participantes de oito países mídense na Cuádruple Canedupo de agility

01-05-2025 20:01:49
Cuádrupla Canedupo.

REDACCIÓN | A Feira Internacional de Galicia ABANCA convértese desde hoxe e ata o vindeiro domingo ao mediodía en referencia para o mundo do agility coa celebración da Cuádrupla Canedupo. 

Esta competición, cunha duración de catro días, é a primeira organizada pola asociación Galician Agility Festival e conta con gran nivel tanto por número e procedencia dos seus participantes como polos nomes que figuran entre eles. 

Así, dende primeira hora desta tarde compiten nela preto de 200 binomios de oito países, como son España, Portugal, Italia, Alemaña, Reino Unido, Polonia, Suíza e Venezuela. Entre eles destacan figuras deste deporte canino como os españois Axular Casado, Óscar Morales, Alejandro Sequeiros ou Jacobo Martí, a italiana Verónica Odone, a polaca Joanna Michalska ou a británica Marita Ogilvie. 

A competición conta ademais con dous dos máis prestixiosos xuíces españois a nivel internacional, o canario Héctor Ramírez e o vasco Pedro Martínez. Estes xulgarán unha proba cada día, ademais do Open Nudesa, o cal se celebrará o vindeiro sábado e repartirá premios para os tres primeiros clasificados. O segundo e terceiro clasificado de cada categoría recibirán un trofeo, un agasallo dos patrocinadores da competición e unha inscrición para a Galican Agility Cup, mentres que o vencedor sumará a estes un premio en metálico de 200€. 


Horarios da competición 

A Cuádrupla Canedupo realizou esta mañá o test de sociabilidade RSCE aos cans participantes e esta tarde leva xa a cabo a primeira das probas, mentres que mañá a partir das 15.00h desenvolverase a segunda. O sábado a partir das 9.00h terá lugar a terceira proba, para dar paso ás 16.00h ao Open Nudesa. O domingo a partir das 9.00h disputarase a última proba..





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias