El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Bilbao e Vitoria, próximas paradas da Deputación na promoción de "A Paisaxe que sabe"

03-05-2025 12:15:22
A Coruña cos 5 sentidos.

REDACCIÓN | Bilbao e Vitoria son as próximas paradas da viaxe da área de turismo da Deputación para promocionar a gastronomía da provincia coa campaña ‘A paisaxe que sabe’. Os días 5 e 6 de abril organizará eventos en ambas cidades baixo o nome ‘A Coruña cos 5 sentidos’, nos que dará a coñecer a riqueza gastronómica e cultural da Coruña, a través dunha degustación de produtos locais elaborada polos cociñeiros de Pracer Zalaeta, Moncho Bargo e Javier Freijeiro. 

O vicepresidente, Xosé Regueira, explicou que “con este tipo de eventos promocionamos os nosos produtos ante un público moi profesional, o que nos permite darlle visibilidade ao noso sector agroalimentario e promover o seu crecemento, pero tamén posicionarnos como o destino turístico de primeiro nivel que somos”. “O obxectivo”, engadiu, “é contribuír a unha mellora socioeconómica do territorio dun xeito sustentable, buscando a ese perfil de turista que sexa quen de valorar todo o que somos capaces de ofrecer”. 

No evento de Bilbao, que se celebrará no estadio de San Mamés, os cociñeiros de Pracer Zalaeta serán os encargados de elaborar o menú destinado a un público profesional a base de produtos que xa son icona do país como as vieiras e as ameixas de Barallobre, o porco celta ou as fabas de Coristanco. 

“Esperamos sorprender ao público bilbaíno e vitoriano cunha proposta moi innovadora, cunha esencia que reflexa á perfección a nosa identidade, pero con toques de modernidade que non deixarán indiferente a ninguén, e que son o mellor exemplo do que se está cocendo nesta provincia, cun sector de produción de alimentos e da restauración que está facendo un traballo de excelente calidade”, engadiu Regueira.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias