El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro cualificou a Rueda como un presidente "ausente dun goberno ausente"

07-05-2025 12:59:32
José Ramón Gómez Besteiro.

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou a sesión de control de hoxe no Parlamento para denunciar o que cualificou como “apagón político” do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ante a emerxencia que viviu Galicia. “Ve esta foto?”, preguntoulle mentres amosaba unha imaxe do delegado do Goberno no CECOPI, “coordinando, traballando e respondendo TODA A NOITE”. E engadiu: “Onde estaba vostede cando Galicia pasou a nivel 3? Eu non me tería ido, señor Rueda”. 

Besteiro cualificou a Rueda como “un presidente ausente dun goberno ausente. Que non responde, que non defende á súa xente”. E vinculou esa ausencia co retroceso de Galicia en emprego e oportunidades: “Estamos a perder posicións mentres o resto do Estado avanza, e vostede mira para outro lado”. 

Censurou que a Xunta permaneza inactiva mentres o PP rexeita fondos do Goberno central que poderían beneficiar empresas e traballadores. “Abandona porque Feijóo votou non ás axudas para compensar os efectos da guerra comercial de Trump, aínda que iso poida supoñer a perda de 14.100 millóns de euros”. 

Tamén criticou a falta de impulso ás renovables, acusando ao presidente de obedecer intereses alleos a Galicia: “A aposta do seu partido agora son as nucleares gustaríanos saber se esa é a postura do presidente da Xunta e en que lugar de Galicia se podería situar esa central nuclear”. 

O líder socialista centrou parte da súa intervención no emprego e nomeadamente na desigualdade de acceso ao mercado laboral da mocidade galega: “Onde naces decide o teu futuro. Galicia está a xerar unha clase traballadora pobre”. E lembrou o Plan de Primeira Oportunidade presentado polo PSdeG para garantir que a xente nova poida iniciar a súa carreira profesional con estabilidade. 

“Non lle pedimos imposibles. Pedimos vontade política. Pedimos un presidente presente”, concluíu, recuperando o fío da imaxe como símbolo: “Porque a imaxe que lle mostrei antes é un símbolo do seu abandono como presidente que defende a Galicia”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias