El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Tomé Roca reafirma o apoio á AECC e á investigación oncolóxica no Día da Cuestación

08-05-2025 17:15:38
José Tomé Roca (3d).

REDACCIÓN | O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, achegouse hoxe á mesa informativa e de cuestación que instalou na Praza de San Marcos a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), con motivo da celebración anual do Día da Cuestación. 

Na visita, o mandatario provincial destacou a importancia da solidariedade cidadá para continuar avanzando na investigación, na atención ás persoas enfermas e na prevención do cancro. 

Tamén puxo en valor o esforzo do voluntariado e o compromiso da sociedade na loita contra esta enfermidade. O obxectivo da campaña deste ano é acadar un 70 % de supervivencia no cancro para o ano 2030, un reto ambicioso que só será posible coa implicación de todas e todos. 

A Asociación anima a colaborar a través das tradicionais huchas físicas, das doazóns en liña ou creando unha hucha dixital en mihucha.contraelcancer.es. Tamén é posible facer achegas a través da web dona.contraelcancer.es ou mediante Bizum co código 11244. A Deputación colabora coa AECC de Lugo cunha achega económica de 8.000 euros ao ano. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias