El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Tomé Roca lanza unha nova edición das rutas do románico con 335 prazas gratuítas para descubrir o patrimonio da provincia de Lugo

15-05-2025 17:14:26
Deputación de Lugo.

REDACCIÓN | O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou hoxe nos xardíns do Pazo de San Marcos a quinta edición do Coñece o románico da provincia de Lugo, o programa da Deputación de rutas gratuítas guiadas polo patrimonio lucense. Un acto no que estivo acompañado por deputados e deputadas e tamén alcaldes e concelleiros e concelleiras dos municipios polos que van discorrer estas rutas. “Unha cita xa consolidada na nosa programación turística, que ano tras ano confirma o interese, a curiosidade e o orgullo que sentimos pola nosa historia e polo noso patrimonio”, valorou o mandatario provincial.  

“Estas rutas non son só unha actividade turística. Son, sobre todo, unha oportunidade para redescubrir o noso territorio con outros ollos”, apuntou Tomé Roca, quen argumentou que “moitas veces buscamos experiencias a centos ou miles de quilómetros da casa, sen decatarnos de que a poucos minutos hai capelas que gardan séculos de historia, igrexas que foron faros espirituais e vilas que naceron ao abrigo dun mosteiro”. Explicou que este ano os itinerarios inclúen desde os grandes monumentos recoñecidos, como a Catedral de Lugo ou a basílica de San Martiño de Mondoñedo, ata pequenas “xoias” como as de Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, Guntín, Paradela ou Sober. 

Nese sentido, subliñou o Presidente que “defender e poñer en valor este patrimonio é unha prioridade para a Deputación de Lugo” e que estas rutas do románico “forman parte dunha estratexia máis ampla que vimos promovendo: un modelo de turismo de proximidade, sostible, de calidade, que aposta pola desestacionalización, por pequenos grupos, sen masificacións, e que deixa valor real no territorio en termos económicos e de emprego”. Un turismo, engadiu, que axuda tamén a fixar poboación, especialmente no rural.  

Detallou que as prazas son limitadas -20 persoas por ruta, excepto nas de Lugo, Meira e Foz, que contarán con 25- e que a Deputación ofertará un total de 335. As inscricións poden facerse dende hoxe a través dos teléfonos 982 260 234 e 982 260 011 de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e da páxina web da Deputación de Lugo: http://inscricions.deputacionlugo.org. Non haberá servizo de autobús, polo que os desprazamentos faranse en vehículos particulares.  

A Deputación de Lugo ingresou no 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa, o que situou ao románico lucense no nivel máis alto de recoñecemento europeo. A programación organizada este ano pola Deputación: 


Venres, 30 de maio 

.- 10:30 horas. A Catedral de Lugo e a Cidade Medieval. 


Sábado, 31 de maio 

.- 10:30 horas. O Saviñao: Románico con vistas ao Miño. 

.- 11:00 horas. O románico no Camiño de Santiago. Portomarín e Paradela. 

.- 16:30 horas. O románico de Taboada. 

.- 16:30 horas. Tesouros do románico rural en Lugo. 


Domingo, 1 de xuño 

.- 10:30 horas. Monforte na historia 

.- 10:30 horas. A basílica de San Martiño de Mondoñedo de Foz 

.- 17:00 horas. O Románico Urbano. Visita a unha importante vila medieval no reino de Galicia: Viveiro. 


Sábado, 7 de xuño 

.-10:30 horas. Pantón: A Ruta do Monacato Feminino. 

.-10:30 horas. O románico nas terras da Ulloa: Antas de Ulla. 

.- 16:30 horas. O románico no Xeoparque das Montañas do Courel. 

.- 16:30 horas. O románico nas terras da Ulloa: Palas de rei e Monterroso. 


Domingo, 8 de xuño 

.- 11:00 horas. Sarria e O Camiño: os pasos do románico. 

.- 11:00 horas. O románico de Chantada. 

.- 11:00 horas. Santa María de Meira. 

.- 16:30 horas. Dez séculos no concello de Sober: dos Romanos ao Románico.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias