El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación impulsou a creación de máis de 18.000 empregos directos

A través dos seus investimentos en obra pública.

22-05-2025 16:16:44
Valentín González Formoso (1e).

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña leva investidos máis de 1.000 millóns de euros en obra pública durante a última década, unha aposta decidida polo impulso ao sector da construción que permitiu a creación e mantemento de máis de 18.000 empregos directos na provincia. 

Así o destacou o presidente provincial, Valentín González Formoso, durante a súa intervención no Foro APECCO 2025 celebrado esta mañá no Espazo Avenida Abanca, no que puxo en valor o papel clave que desempeñan os investimentos públicos no dinamismo económico e laboral do sector, que representa arredor do 7% do PIB galego e mantén 82.000 postos de traballo na nosa comunidade, o 46% deles na provincia da Coruña. 

Formoso destacou que a principal ferramenta da Deputación neste ámbito foi a creación do Plan Único (POS+), que supuxo multiplicar por catro o investimento da institución provincial nos concellos. “Cando chegamos ao goberno en 2015, o Plan de Obras e Servizos era de 25 millóns de euros. Agora supón entorno a 100 millóns de euros anuais, o que permite aos concellos acometer as obras que necesitan e ofrecer mellores servizos á cidadanía. O Plan Único é un modelo de éxito, un exemplo de colaboración institucional e de confianza nos concellos, que son os que mellor coñecen as necesidades da súa veciñanza”, afirmou Formoso. 

O presidente provincial sinalou que o Plan Único consolidouse neste tempo como o maior plan de obras das catro deputacións galegas e un dos máis relevantes do Estado. Desde a súa posta en marcha, o POS+ permitiu a execución de 4.592 obras nos 93 concellos da provincia, cun investimento acumulado total de máis de 800 millóns de euros. Aínda que financiadas pola Deputación, son obras que licitan e adxudican os concellos, o que explica que as administracións locais sexan a segunda maior contratista de obras en Galicia, por detrás do Estado, e a única que crece en termos interanuais. 


230 millóns para mellorar 500 quilómetros de estradas 

A estas actuacións súmanse os investimentos do departamento de Vías e Obras, que nestes 10 anos destinou 230 millóns de euros á obras de mellora da rede provincial de estradas, con máis de 650 obras executadas e actuacións en 500 quilómetros, que egundo explicou Formoso “supoñen case a cuarta parte da rede viaria provincial”. Ademais, construíronse 62 quilómetros de sendas peonís, especialmente en zonas rurais, contribuíndo á mellora da seguridade viaria e da mobilidade sostible. 

“A obra pública non só mellora as infraestruturas dos concellos, senón que é un motor fundamental para o emprego e a economía local”, afirmou González Formoso. “Cada millón de euros investido en construción xera arredor de 18 postos de traballo directos, polo que as administracións temos a responsabilidade de manter e reforzar o investimento público como instrumento de reactivación económica. 

”Só no ano 2024, a Deputación da Coruña licitou 62 obras propias por valor de 28 millóns de euros, cunha media de 30 empresas licitadoras por contrato, o que demostra o interese e confianza das empresas do sector na administración provincial. 


Un compromiso real co territorio 

Formoso reivindicou o papel protagonista que desempeña a Deputación da Coruña a pesar de xestionar un orzamento moito menor ca outras administracións. “O noso orzamento para 2025 é de 240 millóns de euros, fronte aos 14.000 millóns da Xunta, é dicir, xestionamos menos do 2% do que xestiona a administración autonómica, pero este ano investimos máis nos concellos da nosa provincia que a Xunta no conxunto das catro provincias galegas”, sinalou. 

Neste sentido, urxiu ao goberno galego a incrementar o seu Fondo de Cooperación Local ata os 200 millóns de euros, fronte aos 116 millóns que a Deputación da Coruña destinará este ano aos seus 93 concellos só co Plan Único.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias