REDACCIÓN | A 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verdede Galicia, a cal terá lugar do 5 ao 8 de xuño, volve sorprender co seu programade actividades sobre rodas.
Así, por primeira vez, realizaranse exhibicións e clases de skate, de man daescola NorthSide Skatepark Coruña. Tanto o sábado 7 de xuño ás 12.00 e as17.00 horas como o domingo día 8 de xuño ás 12.00 e as 16.00 horas, levaranse a caboespectaculares demostracións desta disciplina deportiva, tanto na modalidade derampla como de street.
Nestas sesións, dunha hora de duración cada unha, participarán unha decena deprofesores e alumnos da escola, estando entre estes últimos algúns campións ecampioas galegas que non deixarán de motivarse uns a outros durante asexhibicións para mostrar as súas mellores cualidades sobre o patín.
Ademais, o sábado de 18.00 a 20.00 horas e o domingo de 17.00 a 20.00 horas impartiranse clases deste deporte a todos aqueles interesados que queiranachegarse á zona skate.
Por outra banda, en canto ás actividades de motor da feira, contarán por primeiravez co show “Pichu & Balles Stunt”, integrado por dous dos tres únicos pilotos destunt en Galicia. Detrás do nome artístico Pichu está Álex Sebio, un compostelánque empezou con 14 anos a facer acrobacias co seu motor sen saber que existíaun deporte moi popular noutros países que se chama stuntriding e que a día dehoxe leva catro anos como piloto profesional. En canto a Óscar Balles, é unvigués que comezou tamén a pilotar motos sendo moi novo e que dende fai dezanos xa o fai de forma profesional, conseguindo subir ao pódium nalgunhascompeticións autonómicas.
Este espectáculo iniciarase con presentacións de ambos os pilotos. Por parte dePichu mostrará as súas habilidades con tres vehículos, unha moto para trucosmáis técnicos, outra con efectos de fume e lume e tamén un kart acondicionadocun motor de moto co que fará drift (sobreviraxes e derrapes), mentres que Ballesfarao con dúas motos, unha específica para stunt (acrobacias sobre motos) eoutra para drift. A continuación, ambos realizarán distintos trucos á vez,compenetrándose nas súas acrobacias e manobras extremas para ofrecer un show sorprendente que é o resultado de anos de adestramento e que para Pichutamén é unha maneira de animar á xente e transmitirlle que con esforzo e disciplina todo se pode conseguir. Unha mensaxe que tamén lanza desde as súasredes sociais colgando vídeos das súas caídas e a súa tenacidade para conseguir executar os seus trucos.
Paulo Martinho, un clásico con gran éxito
Abanca Semana Verde 2025 tamén acollerá exhibicións de freestyle motocrós daman dun piloto que sempre colleita gran éxito entre o público, Paulo Martinho.
O sábado ás 13.00 horas e o domingo tanto ás 13.00 como ás 17.00 horas, este pioneiro do freestyle en Portugal volverá sorprender con novos investidos, cabaliños ou queimadas de roda.