El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación apoia con 1,2 millóns a 156 clubs deportivos da provincia que participan en competicións nacional e internacional

26-05-2025 17:05:51
O deputado de Deportes, Antonio Leira.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña destina este ano 1.190.589 euros a apoiar aos clubs deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional. 

A resolución definitiva deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 156 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel. 

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou a importancia deste programa, que “contribúe de maneira decisiva a apoiar aos principais equipos do deporte coruñés, permitindo que a nosa provincia estea representada ao máximo nivel nas ligas e torneos nacionais e internacionais”. 

“Somos conscientes do esforzo que supón competir fóra, dos custos de desprazamento, fichas, material, e por iso este apoio da Deputación é fundamental para que os clubs poidan centrarse no deportivo e seguir medrando”, explicou Leira. “Non falamos só de fútbol ou baloncesto; apoiamos tamén disciplinas como o piragüismo, o remo ou a ximnasia, que teñen grandes clubs e deportistas na provincia”, engadiu.  

Leira tamén subliñou o compromiso da Deputación coa igualdade no deporte: “Estas axudas chegan por igual a clubs femininos e masculinos, porque queremos unha práctica deportiva que recoñeza o mérito e o esforzo con independencia do xénero ou da modalidade”. 

Entre as subvencións de maior importe destacan destacan as do Baxi- Uni Ferrol de baloncesto feminino para a participación na Liga Endesa (53.691 euros), o Hockey Club Liceo da Coruña (53.691 euros), o Club Noia de Fútbol Sala (43.664 euros), a escola de Basket Xiria de Carballo (26.952 euros) e Club de Baloncesto Culleredo (26.952 euros), o Bergantiños FC (22.273 euros) ou S D Compostela (22.139 euros). As subvencións 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias