El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro alerta da "fonda preocupación polo problema da vivenda"

29-05-2025 16:26:22
José Ramón Gómez Besteiro.

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, insistiu hoxe en Santiago na “fonda preocupación polo problema da vivenda” e reclamoulle á Xunta que ofreza solucións. Un día despois de que o Goberno galego dera o prace á declaración de zona tensionada na Coruña tras poñer atrancos nun primeiro momento a unha medida impulsada polo Partido Socialista, Besteiro reafirmou o compromiso dos e das socialistas “cunha Compostela moderna, habitable e na que moita xente poida facer nela o seu proxecto de vida”, sinalando a capital galega como a seguinte cidade que debe seguir os pasos da Coruña para acadar unha declaración impulsada tamén polo PSdeG desde un primeiro momento.  

O líder socialista subliñou desde a Alameda compostelana, con motivo da festa Ascensión, “a ansia de recuperar o pulso forte dunha cidade que está ao ralentí”. “O Partido Socialista está vinculado á modernización de Compostela no pasado e no presente, e comprometido co seu futuro”, reiterou.  

Momentos antes de compartir a celebración con compañeiros e compañeiras “da cidade, da comarca, da provincia e de toda Galicia”, Besteiro referiuse, a preguntas dos medios, a diferentes asuntos de actualidade. 


Menores migrantes e estudos de Medicina 

Sobre o acollemento de menores migrantes en Galicia, formulouno como un “reto de solidariedade, especialmente en un país migrante coma Galicia”. Asegurou que se trata dunha cuestión de “dereitos humanos” e deu por seguro que entre os máis de 300 concellos da comunidade autónoma “temos capacidade suficiente para acollelos”. “O que hai que ter é compromiso político e vontade”, dixo, e lamentou que o PP “usa” a situación para tratar de sacar réditos. 

Tamén en resposta aos e ás xornalistas, criticou que a Xunta de Galicia desatendese desde hai dez anos a situación dos estudos de Medicina nas universidades galegas. Para o secretario xeral socialista, “a falta de cumprimento do convenio de 2015, que o Goberno galego non supervisou nin vixiou se funcionaba ou non”, vén de derivar nunha situación que agora debe resolver, tras a decisión da UDC de impulsar a titulación no seu campus. 

“O que ten que facer a Xunta é aproveitar todos os recursos docentes e investigadores, e tamén os recursos asistenciais, para incrementar as prazas”, criticou para indicar que en Galicia “hai unha realidade: necesitamos máis profesionais sanitarios”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias