El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Economí­a

GALICIA | FEIRA ABANCA SEMANA VERDE

Compradores alimentarios de 16 países buscarán produtos nos Encontros de Salimat Abanca 2025

31-05-2025 11:23:37
Foto de arquivo Salimat Abanca.

REDACCIÓN | O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que celebrará a súa 28ª edición do 5 ao 8 de xuño xunto á feira Abanca Semana Verde, volverá desenvolver os seus Encontros Internacionais de Compradores, un espazo de negocio que facilita ás empresas presentes no certame a apertura de novos mercados, tanto en España como noutros países. 

Nesta ocasión os expositores do salón terán a oportunidade de mostrar os seus produtos a 31 importadores e distribuidores alimentarios de dezaseis países, como son Alemaña, Austria, Bulgaria, Costa Rica, Dinamarca, España, Emiratos Árabes, Estados Unidos, Filipinas, Francia, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia e Suíza. 

Deles, vinte e dous son importadores e os restantes son compradores nacionais, correspondéndose con cinco distribuidores e catro cadeas de distribución alimentaria españolas ou con presenza no país como son Carrefour, Gadisa, El Corte Inglés e Lidl. 

Na súa inmensa maioría mostraron a súa preferencia en coñecer aceites, viños e outras bebidas, queixos e lácteos, conservas, elaborados cárnicos, snacks ou mel, ademais de produtos gourmet, ecolóxicos e de pequenos produtores. 

Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2025, os cales contan co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a colaboración do Clúster Alimentaria de Galicia (Clusaga), posibilitarán ás empresas presentar directamente os seus produtos aos compradores a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas as partes. Estas serán durante todo o primeiro día e ata o mediodía da segunda xornada do certame. 

Son así unha eficaz ferramenta comercial, especialmente para a pequena e mediana empresa, a cal ten a posibilidade de que as súas propostas sexan incluídas na carteira de produtos dos compradores e os lineais da gran distribución.  


Visitas en distintos puntos de Galicia 

Ademais das reunións de negocio, os Encontros Internacionais de Compradores incluirán desde o venres 6 de xuño pola tarde e ata o domingo día 8 de xuño pola mañá unha actividade na que participarán moitos dos importadores e distribuidores. Esta consistirá en visitas a varias empresas galegas e tamén a distintos enclaves turísticos de interese da Comunidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias