El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación reafirma o seu compromiso co emprendemento feminino na Feira de Primavera da USC

31-05-2025 12:14:41
Feira de emprendedores.

REDACCIÓN | O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou hoxe na apertura da Feira de Emprendedoras de Primavera  de Lugo organizada pola Universidade de Santiago de Compostela na Mosqueira, unha iniciativa centrada en dar visibilidade ao emprendemento e á innovación liderada por mulleres no medio rural. 

Durante a súa intervención, Rivera Capón destacou o compromiso da Deputación de Lugo co desenvolvemento do rural e co impulso ao talento feminino, afirmando que a institución provincial “apostamos por un rural con futuro, e iso pasa por garantir servizos, infraestruturas e apoio institucional para que as nosas emprendedoras poidan desenvolver os seus proxectos en condicións de igualdade”. Ademais, puxo en valor o papel da USC como aliada estratéxica para conectar coñecemento, innovación e territorio, e a importancia de iniciativas como esta feira para seguir avanzando cara a un modelo de desenvolvemento sostible e con perspectiva de xénero. 

A Feira, que se desenvolve ao longo de todo o día, conta coa participación de proxectos e entidades impulsados por mulleres de distintos sectores como a alimentación, a cosmética natural, a artesanía ou os servizos sociais. O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres como axentes activas na dinamización económica e social do rural, así como fomentar sinerxías e colaboracións entre elas. 

No acto estiveron tamén presentes o Alcalde de Lugo e Deputado provincial, Miguel Fernández; o Vicerreitor do Campus de Lugo, Francisco Fraga; así como representantes de distintas institucións, emprendedoras e público en xeral.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias