El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

VIMIANZO

O Concello apoia con 35.000 euros a celebración do Asalto ao Castelo

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, é coorganizada pola AC Cherinkas, Axvalso e o Concello.

26-06-2025 18:40:59
Mónica Rodríguez (e).

REDACCIÓN | A alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, vén de asinar cos representantes da AC Cherinkas e Axvalso o convenio de colaboración para apoiar a organización do Asalto ao Castelo, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. 

O Concello destina unha partida de 35.000 euros para a organización da celebración, que cada ano atrae a milleiros de persoas. A rexedora destacou “o compromiso coa preservación das tradicións locais” e resaltou “o enorme traballo que hai detrás desta festa única, cunha organización que con moito traballo, esforzo e dedicación, consigue que cada ano o Asalto siga medrando”. 

Rodríguez puxo en valor “a aposta decidida do Concello de Vimianzo pola conservación e fomento das nosas tradicións, apoiando eventos coma este, para que sigan crecendo e ofrecendo diversión, cultura e historia a todas as persoas que nos visitan”. 


A programación 

O Asalto ao Castelo terá lugar os días 4 e 5 de xullo, pero conta cunha ampla programación para todos os públicos que se estende desde mediados de xuño. 

O venres 4, as actividades realizaranse ao longo de todo o día, pero o punto álxido chegará ás 21:30 horas coa XIV Cea Medieval no Foso do Castelo, amenizada por Suso de Xornes, Lupe Blanco, Cé Orquestra Pantasma e Queimada. Os concertos correrán a cargo de Che Sudaka, Monoulious Dop e La Yaya Dj. 

Xa o sábado, a programación continuará durante todo o día, con obradoiros, mostra de artesanía, torneos, música e os tradicionais Pinchos Irmandiños, que darán comezo o día 1. Xa pola noite, o trío Alana inaugura a quenda de concertos, seguido de The Rapants, antes do gran momento do Asalto ao Castelo, programado para as 23:30 horas. A noite finalizará coas actuacións de Heredeiros da Crus, Firkin e Mekanika Rolling Band.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias