El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación esixe á Xunta que acepte os 380 millóns de euros do Plan Estatal de Vivenda

27-06-2025 17:49:29
Deputación da Coruña.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña aprobou, no pleno ordinario do mes de xuño celebrado hoxe, unha moción conxunta dos grupos do PSOE e do BNG na que demandan á Xunta de Galicia a aplicación das medidas implementadas polo Goberno de España en materia de vivenda. A iniciativa saíu adiante cos votos favorables dds grupos provinciais do PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e a abstención do PP. 

En palabras do deputado José Ramón Rioboo, “a Xunta está a optar pola parálise, a confrontación partidaria e a renuncia aos recursos”. Salientou que “o caso máis grave produciuse recentemente” e aludiu a que o goberno galego rexeitou 380 millóns de euros ofrecidos polo Estado no marco do novo Plan Estatal de Vivenda 2025-2028. Este investimento “multiplicaba por 2,5 o do período anterior e permitiría construír 4.000 vivendas públicas de protección permanente”. 

Esta medida incluía tamén medidas estruturais como a creación dunha base de datos pública sobre prezos reais de mercado, a blindaxe do parque público de vivendas e a implicación das comunidades e entidades locais dun novo modelo de planificación a longo prazo. “Non é admisible que, por motivos ideolóxicos, a Xunta rexeite fondos estatais que pertencen á cidadanía galega”, subliñou Rioboo, que afirmou que “se trata dunha obriga ética e política de garantir un dereito básico para milleiros de persoas”. 

Así, o pleno da corporación provincial insta á Xunta a aceptar eses 380 millóns do Plan de Vivenda Estatal e que se constrúan esas 4.000 vivendas públicas, así como a aumentar ata un 40% o seu financiamento para o vindeiro Plan Estatal de Vivenda.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias