El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

Arranca Merca no teu comercio en A Coruña

30-06-2025 10:51:00
Presentado a campaña.

REDACCIÓN | O presidente da Federación de Comercio de A Coruña, José Antonio Seijas Castro; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron hoxe en A Coruña a segunda campaña da iniciativa “Merca no teu comercio”. Estiveron acompañados pola delegada territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Belén do Campo; e Luis S. Fernández, secretario xeral técnico da Federación Galega de Comercio. 

Arranca así a segunda campaña dunha ambiciosa actuación de dinamización comercial que se iniciou a mediados de xuño en toda Galicia co obxectivo de estimular as vendas nos municipios rurais galegos, sensibilizar e achegar os clientes aos establecementos. Así, terán lugar ata finais de outubro un total de 40 campañas (10 por provincia) poñendo en valor as grandes vantaxes de mercar no comercio de proximidade. 

Cada unha destas campañas, que se irán desenvolvendo paralelamente en distintas localidades de cada provincia, terá unha duración de 15 días, durante os cales as compras realizadas poderán rexistrarse na web da correspondente iniciativa. Con este rexistro, o consumidor entrará no sorteo de 1.000 euros en premios, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberá empregar para volver a mercar nos establecementos locais. Os comerciantes recibirán en cada caso material para promocionar a campaña e tamén contémplase publicidade en redes sociais e medios de comunicación para dinamizar e dar a coñecer a iniciativa. 

“Merca no teu comercio” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración – Dirección Xeral de Comercio; coa colaboración das Federacións Provinciais de Comercio, e de asociacións de comerciantes de toda Galicia. 


A cidade de A Coruña, segunda campaña na provincia 

“Merca no teu comercio” chega á cidade de A Coruña. Entre o 1 e o 15 de xullo de 2025 ponse en marcha esta iniciativa, que deixará 1.000 euros (20 tarxetas de 50 euros) entre os clientes dos establecementos de distintas zonas que rexistren as súas compras en www.mecanoteucomercio.com/coruna dende calquera dispositivo electrónico. O sorteo será o 16 de xullo, e o martes 22 de xullo realizarase a entrega de premios na Praza de España. 

Trátase da segunda campaña desta actuación na provincia. A primeira remata hoxe mesmo, e desenvolveuse dende o 15 de xuño en A Pobra do Caramiñal e Porto do Son. Posteriormente visitaranse outras 20 localidades ata finais de outubro. 

Na presentación que tivo lugar hoxe, o presidente da Federación de Comercio de A Coruña, José Antonio Seijas, destacou a “importancia de priorizar os establecementos dos barrios e zonas rurais e de concienciar e achegar ós clientes aos establecementos”; ademáis de potenciar o asociacionismo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias