El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

EQUINA GALICIA 2025

Doma clásica e equitación de traballo compartirán protagonismo na segunda xornada de Equina Galicia 2025

07-07-2025 10:04:40
Foto de arquivo da Equina Galicia 2025.

REDACCIÓN | Equina Galicia 2025, que terá lugar do 11 ao 13 de xullo na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), contará con seis importantes competicións. Delas, catro celebraranse exclusivamente o segundo día do evento e estarán centradas en doma clásica e equitación de traballo. 

En canto ás de doma clásica, serán tres probas nas que os binomios (cabalo e xinete ou amazona) confirmados sitúanse en 50. Unha alta cifra de participación que supuxo que unha vez máis se reforzaron os equipos de traballo e se acondicionaran dúas pistas para o seu desenvolvemento, ademais de consolidar esta cita como a de maior participación de Galicia no que a doma clásica se refire. 

Estas tres competicións incluirán o VI Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, no que poden participar todas as razas de cabalos de deporte europeos e que se rexerá polos criterios da Real Federación Hípica Española, incluíndo desde categoría infantil ata olímpica. Este Trofeo, que conta co apoio da Consellería do Medio Rural, ten como obxectivo fomentar a creación de pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural e contribúan a frear o despoboamento. Súmanse a este Trofeo outras dúas probas, a XXVI Copa Accega e o Territorial da Federación Hípica Galega, sendo este último clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica. 

O mesmo 12 de xullo celebrarase a II Proba da Federación de Equitación de Traballo, a cal deu un salto tanto cualitativo como cuantitativo. Así, ademais de ser puntuable para os campionatos de Galicia e Castela-León, este ano tamén o é para o campionato nacional. Ademais, a proba conta coas súas máxima cifras de participantes, o dobre que o ano pasado, sumando 15 rexistrados de Galicia, Estremadura, Castela-A Mancha, Castela-León, Madrid, Aragón e Andalucía. 


Outros importantes concursos e propostas 

Equina, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) e cuxa entrada será gratuíta, terá como eixo central o XI Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, proba morfofuncional que se celebrará todos os días do evento. Así mesmo, acollerá outra destacada competición, unha proba clasificatoria para o Campionato Galego de Enganches o 13 de xullo. Sumaranse nesta edición unha conferencia con mesa redonda posterior e bautismo hípico para os máis pequenos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias