El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación presenta en Matosinhos o evento Out of The Blue, onde participará o vindeiro mes de setembro

21-07-2025 17:20:00
O vicepresidente, Xosé Regueira (d).

PORTUGAL / AKIRA NÚÑEZ | A área de turismo da Deputación da Coruña viaxou o pasado fin de semana ao municipio portugués de Matosinhos, onde se presentou a segunda edición do evento gastronómico ‘Out of the Blue’ que, baixo o lema ‘A resposta está nos océanos’ acolle diferentes actividades para poñer en valor a gastronomía e a sustentabilidade dos océanos do 12 ao 14 de setembro. A entidade provincial volve participar na cita, onde tamén se renovará o manifesto de colaboración coa Cámara de Matosinhos. 

O vicepresidente, Xosé Regueira, participou na presentación oficial, xunto a unha representante de Turismo de Portugal, Lidia Monteiro; a alcaldesa de Matosinhos, Luísa Salgueiro e a concelleira de turismo, Marta Pontes. Tralo acto de presentación, autoridades, representantes do sector da restauración e público en xeral, desfrutaron dunha cea a catro mans no dous estrelas Michelín Casa de Chá da Boa Nova, elaborada polo seu chef, Rui Paula, e o convidado, o compostelán Iago Pazos (Abastos 2.0.). 

Deste xeito, a Deputación volverá viaxar a Matosihos en setembro para a celebración de Out of the Blue, xunto a produtores e produtoras locais e chefs da provincia, que amosarán o seu traballo e bo facer neste evento que acolle diferentes actividades como showcookings, presentacións ou mesas de debate en torno á sustentabilidade e ao futuro da alimentación, poñendo o foco na despensa marítima. 

“Queremos celebrar esa unión do norte de Galiza e Portugal, a través da paisaxe e da gastronomía, e todo o que temos en común como unha estratexia turística que pon o foco na sustentabilidade, a posta polos pequenos produtores locais que traballan cos máximos niveis de calidade e compromiso co territorio, a posta en valor dun sector da restauración que está facendo un traballo impecable en canto a respecto medioambiental, calidade, identidade...” sinalou o vicepresidente para engadir: “E, ao mesmo tempo, reflexionaremos sobre o futuro da alimentación e do planeta, cuestións de tanta relevancia para o curto prazo”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias