El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación reafirma o seu apoio á Gala contra o Cancro

Para facilitar un décimo aniversario

05-08-2025 12:39:41
Luis Menor (c).

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reafirma o seu apoio á Gala contra o Cancro para a celebración do décimo aniversario desta actividade benéfica en Ourense. Así llo trasladou nun encontro de traballo aos organizadores da gala, David Rodríguez e José Gayoso. 

Menor valora como “frutífera” a reunión, enmarcada nos encontros de traballo que o presidente mantén no Pazo Provincial con representantes de entidades e colectivos da provincia. Tras coñecer os plans dos organizadores para este décimo aniversario, o presidente da Deputación valorou como “salto cualitativo e cuantitativo” o que se vai lograr para conmemorar unha data simbólica, xa que a gala cumpre dez anos. 

O presidente provincial reafirmou o apoio da Deputación a este evento solidario, tanto en aspectos organizativos como económicos, para contribuír, dixo Menor, a que “este décimo aniversario sexa icónico e simbólico”. 

Tamén puxo en valor o significado desta gala para a cidadanía ourensá, xa que se trata dun dos eventos sociais e solidarios de referencia no calendario. Organizado pola Asociación Cultural As Canellas, a través de Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC), a iniciativa enche cada ano o Auditorio Municipal de Ourense para recadar fondos para o cancro. Música, humor, danza e outros espectáculos forman parte da programación habitual. --





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias