El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso destaca Alfaroleiros como "unha aposta pola tradición propia"

A Deputación da Coruña colabora nesta 31ª edición coa instalación de espazos gastronómicos e de artesanía.

06-08-2025 16:46:19
Valentín González Formoso (c).

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, valorou hoxe Alfaroleiros como “unha aposta pola tradición propia” pola que felicitou ao concello de Oleiros. Durante a inauguración da feira, na que interveu xunto ao alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Cultura da localidade, María José Santos, Formoso destacou que o evento “non é simplemente unha bandeira local, senón de Galicia”. 

Na súa intervención, salientou o traballo do Concello no impulso á olería, polo que mereceu unha mención de honra na pasada edición dos Premios Nacionais de Cerámica, que se celebrou en Granada. “Esta non é so unha feira. É unha aposta de Oleiros pola cultura, a arte e a historia”, afirmou Formoso, que nese senso subliñou que a Deputación “tiña que estar presente” na feira. 

De feito, a institución provincial veu incrementando o seu apoio a Alfaroleiros ata acadar, na edición do ano pasado, os 40.000 euros, unha cifra que roldou a metade do orzamento da feira. O obxectivo desa achega é contribuír a pór en valor a olería polo seu interese cultura, pero tamén porque contribúe ao desenvolvemento económico e xera emprego a nivel local en provincial, dado que na Coruña existen diferentes municipios nos que esta actividade ten unha presenza destacada. 

Pola súa banda, o alcalde de Oleiros invitou ao público presente no parque de Luís Seoane, onde ten lugar o evento, a aproveitar estes días para facerse “con algunha das obras de arte únicas que se poden comprar na feira”. García Seoane aproveitou o seu discurso para reivindicar o interese turístico da Alfaroleiros, unha declaración na que o Concello está traballando. 


Cinco días de feira

Alfaroleiros estará aberta ata o vindeiro domingo en Santa Cruz. Nela participan unha vintena de obradoiros de olería de diferentes puntos de España e Portugal. Xunto á exposición dos produtos, desenvolverase un amplo programa de actividades paralelas, que inclúen un espazo gastronómico e outro de artesanía instalados pola Deputación, ademais de concertos, espectáculos de maxia, danza ou xogos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias